Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 09 de outubro de 2003 Páx. 12.554

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 366/2003, do 2 de outubro, polo que se modifica o Decreto 14/2002, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente atendendo ós principios de eficacia, desconcentración e racionalización da organización administrativa.

A día de hoxe, o incremento e a diversificación do número de actividades e actuacións da consellería aconsellan a modificación da súa estructura orgánica coa mesma finalidade de que esta responda, no seu conxunto, ós principios de racionalidade e eficacia no ámbito competencial e de xestión a ela atribuído.

En consecuencia, créase unha vicesecretaría xeral que, baixo a dependencia do secretario xeral, ten como misión específica contribuir ó reforzamento de determinadas áreas.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, logo dos informes previos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o artigo 4º do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, que queda redactado como segue:

«Artigo 4º

1. A secretaría xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan delegadas polo titular da consellería.

2. A secretaría xeral contará, como órgano de apoio, coa vicesecretaría xeral que, baixo a súa dependencia directa e con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as seguintes funcións:

a) A elaboración, a requirimento do secretario xeral, de estudios e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estructuración, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos.

b) O asesoramento e a realización de estudios e informes de carácter xurídico-administrativo nas

materias competencia do departamento que lle sexan encomendadas polo secretario xeral.

c) O estudio, a pedimento do secretario xeral, dos expedientes que teñan que elevarse ó Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

d) O rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

e) A coordinación das publicacións e edicións audivisuais da consellería e as funcións relativas á representación da mesma na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia, así como a información xeral e a difusión das publicacións ambientais.

f) Substituí-lo secretario xeral da consellería nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante deste.

g) En xeral, cantos asuntos lle sexan encargados, por razón da súa competencia, polo secretario xeral.

A vicesecretaría xeral contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio Técnico Xurídico, coas funcións de:

a) Informe e tramitación de tódolos proxectos de disposición de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería, das recompilacións e refundicións de normas e, en xeral, de todos aqueles asuntos que por razón da súa competencia lle sexan encomendados polo secretario xeral.

b) Preparación e informe dos asuntos que se elevarán ó Consello da Xunta de Galicia e ás comisións delegadas e o traslado dos seus acordos, así como informe sobre os recursos presentados contra os actos administrativos emanados da consellería.

c) Coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos dictados polos órganos da consellería que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia.

d) Coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as que esta exerza o protectorado, levando para ese efecto os libros de rexistro.

2.2. Servicio de Apoio Técnico Administrativo, Supervisión e Inspección, coas funcións de:

a) Asistencia técnica ó vicesecretario para o exercicio das súas funcións e custodia do rexistro e arquivo das disposicións legais emanadas da consellería.

b) Supervisión, coordinación e inspección dos proxectos de obras da consellería e da execución material destes, tanto no caso de levarse a cabo por adxudicación como no da execución pola propia Administración, así como funcións de inspección relativas ó funcionamento dos servicios. Para ese efecto, formulará os informes que por razón da súa competencia lle sexan requiridos pola vicesecretaría

Xeral, propoñendo, se é o caso, as medidas correctoras que procedan.

3. Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral estructúrase nas seguintes unidades:

3.1. Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa, que exercerá as funcións relativas ó persoal funcionario e laboral e a xestión económica relativa ós gastos de persoal, a coordinación dos servicios de carácter xeral e do réxime interno do funcionamento; así mesmo, encargarase dos asuntos referentes o sistema de informatización e proceso de datos e a racionalización administrativa de tódolos servicios da consellería.

Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

3.1.1. Servicio de Persoal e Coordinación Administrativa, coas funcións de ordenación e control da xestión dos recursos humanos da consellería, en especial da xestión e a administración ordinaria do persoal funcionario e laboral e o seguimento e control do rexistro deste persoal, así como das relativas á coordinación administrativa, rexistro xeral e unidade de información.

3.1.2. Servicio de Informática, coas funcións de asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de tódalas unidades administrativas da consellería, para automatizar, axilizar e mellora-lo seu funcionamento, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e das estipulacións contidas no Decreto 252/1996, do 20 de xuño.

Para este efecto corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Administración de sistemas, incluíndo a súa instalación, mantemento e actualización.

b) Administración, xestión e ampliación das redes locais de voz e datos.

c) Atención e formación dos usuarios.

d) Detección de oportunidades de novos desenvolvementos, planificación e execución deles e xestión e mantemento dos desenvolvementos en fase de explotación.

e) Definición e cumprimento das políticas de seguridade e protección de datos.

f) Selección do material e productos necesarios para implanta-los cambios tecnolóxicos ó servicio das necesidades emerxentes na consellería.

3.2. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, que exercerá as funcións relativas á elaboración dos anteproxectos de orzamentos da consellería, a súa execución, seguimento e coordinación así como a tramitación dos expedientes de contratación administrativa.

Para iso contará coa siguiente unidade con nivel orgánico de servicio:

3.2.1. Servicio de Xestión Orzamentaria e Contratación, coas funcións de confección dos anteproxectos de orzamentos da consellería, control da xestión económica dos orzamentos e execución do gasto das diversas unidades da consellería, coordinación e, se é o caso, elaboración dos pregos de contratación administrativa, elaboración das instruccións para unha correcta contratación, tramitación económica e administrativa de toda a contratación da consellería, e o seu seguimento e control; así mesmo, encargarase de todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

4. Integradas organicamente na secretaría xeral, e con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

4.1. Asesoría Xurídica.

4.2. Intervención Delegada».

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Medio Ambiente para dicta-las disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de outubro de dous mil tres.

P.E.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente