Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 3 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social (181/2003).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Decoraciones José Torres, S.L.

Domicilio: Verducido, 47, Xeve.

Localidade: Pontevedra.

Número de expediente: 181/2003, 400/2003(AI).

Data da resolución da delegación provincial: 16-7-2003.

Precepto infrinxido: artigos 1 e 3 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Precepto sancionador: artigo 5.2º, 11.2º, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 300,52 euros.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselles que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, conta contable 840. Código 001.

-Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 3 de setembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra