Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación denominada Productores Gallegos de Semilla de Patata (Progasepa).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación denominada Productores Gallegos de Semilla de Patata (Progasepa) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que teñan relación coa producción e/ou comercialización da semente da patata na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Rosa Díaz Gómez, e once persoas máis.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais