Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das notificacións dos expedientes de sanción por infracción na orde social que se citan.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada nos expedientes de sanción, por infracción na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral); o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa: Nuevas Comun. Lugo, S.L.L.

Domicilio: avda. Coruña, 210-4º C-Lugo.

NIF: B-27245430.

Nº exp.: 77/2003.

Contía 300,52.

Disp. infrinxida: art. 5.1º R.D. 5/2000.

Empresa: Constructora Sarriana, S.L.

Domicilio: Calvo Sotelo, 91-93-Sarria.

NIF: B-27214691.

Nº exp.: 79/2003.

Contía: 1.502,54.

Disp. infrinxida: Decreto 1627/1997.

Contra esta resolución poderán interpo-los interesados recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselles que de non ser interposto este en tempo e forma, deberán aboa-la multa imposta a través de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exacción pola vía de contrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 14 de agosto de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo