Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 22 de agosto de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de legalización da concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre da cetaria Portocubelo, Lira-Carnota (A Coruña).

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento de permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, sométese a información pública a solicitude de legalización da concesión de ocupación de dominio público do establecemento que se describe:

Tipo: cetaria.

Situación: Portocubelo, Lira-Carnota (A Coruña).

Ocupación de dominio público: 653,41 m.

Titular: Maximino Fernández Bouzas, DNI: 33233050-M.

O expediente, integrado polo proxecto e a documentación complementaria, estará á disposición do público para que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña.

Horas: de 9.00 a 14.00 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de agosto de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña