Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2003 pola que se legaliza a concesión administrativa dunha estación depuradora de moluscos e se autoriza a súa transmisión inter vivos.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dunha estación depuradora en Aguiño-Ribeira (A Coruña) e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 6-5-1996 Juan José Sueiro Ortiz e Carlos A. Sancho Omil, no nome e representación de Isla Vionta, S.L. solicitaron a transmisión da estación depuradora de moluscos sita en Aguiño (Ribeira) adquirida pola devandita sociedade en adxudicación extraxudicial.

Segundo.-Consultado o Servicio Técnico Xurídico desta consellería o día 2-4-1997 emite informe no sentido de que debe rematarse o cambio de titularidade solicitado.

Terceiro.-Solicitado o preceptivo informe da Dirección Xeral do Ministerio de Medio Ambiente, con data do 24-8-1999 indica que dado que se ocupou máis terreo de dominio público do autorizado deberá levarse a cabo a legalización da dita ocupación.

Cuarto.-Unha vez tramitada a mentada legalización, con data do 25-3-2002 a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente emite informe favorable sobre a legalización da ocupación de dominio público por un prazo de dez anos, podéndose prorrogar tan só ata o 28-7-2018.

Quinto.-Ofertadas ó peticionario as condicións en que se outorgaría a legalización e o cambio de dominio, son aceptadas en escrito con data do 22-4-2002.

Sexto.-Os informes dos servicios técnicos sobre a situación e condicións do establecemento e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Real decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento xeral de desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, de costas, e na Orde do 21-7-2000 que regula o procedemento para a transmisión de titularidade do permiso de actividade en establecemento de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Legaliza-la ocupación de 1.315 m de terreos de dominio público marítimo-terrestre e autoriza-la transmisión inter vivos a favor de Isla Vionta, S.L. (NIF B-15378896) da concesión administrativa do establecemento auxiliar de cultivos mariños que se indica a continuación:

Titular: José Valverde Viñas.

Tipo de establecemento: estación depuradora de moluscos.

Situación: Aguiño-Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: moluscos.

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 16-5-1964 (BOE do 8-6-1964).

Remate da vixencia: por tempo indefinido.

Novo titular: Isla Vionta, S.L.

Instalacións en dominio público:

-Toma de auga de mar: 678 m-Explanada de servicio: 477 m-Emisarios de augas residuais: 160 m

Total: 1.315 m

Instalacións en dominio privado:

-Unha caseta transformadora: 58 m-Dous depósitos cilíndricos: 1.414 m-Unha nave: 5.545 m

Total: 7.017 m

Piscinas de depuración:

-9 piscinas de 19,15 m x 4,70 m = 9 x 90 m = 810 m

-4 piscinas de 21,05 m x 4,70 m = 4 x 99 m = 396 m

Total: 13 piscinas = 1.206 m

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A legalización da ocupación de dominio público marítimo-terrestre outórgase por un período de dez anos, contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, podendo ser prorrogada tan só ata o 28-7-2018.

Segunda.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencio

so-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de agosto de 2003.

P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña