Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-04-03-02 e dúas máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: remodelación do edificio de departamentos para exportadores no porto de Cedeira.

-Clave do expediente: CO-12-04-03-02.

-Orzamento base de licitación: douscentos corenta e dous mil setecentos noventa e catro con cincuenta e cinco (242.794,55) euros.

-Prazo de execución: catro (4) meses.

-Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

-División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: remodelación da zona portuaria de Muxía.

-Clave do expediente: CO-12-31-03-01.

-Orzamento base de licitación: un millón cincocentos cincuenta e nove mil seiscentos cincuenta e seis con sesenta (1.559.656,60) euros.

-Prazo de execución: dez (10) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: urbanización do porto de Aguiño.

-Clave do expediente: CO-12-46-03-01.

-Orzamento base de licitación: un millón cento oitenta e cinco mil catrocentos doce con cincuenta e cinco (1.185.412,55) euros.

-Prazo de execución: oito (8) meses.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías:

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 10 A-4º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

Teléfono: 981 54 53 22.

Telefax: 981 54 72 16.

b) E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02 e 981 58 89 38.

c) Dirección na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3152, 3153 e 3154.

6. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia