Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o modificado ó proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. de Baralla. (Expediente 9/2001 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Título: modificado ó proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Baralla.

Situación: Baralla.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión con orixe no apoio nº 53 da L.M.T. de Baralla-Becerreá e remate no C.T. de Costantín, cunha lonxitude de 25, tipo e conductor LA-56/54,6 mm.

2. Centro de transformación intemperie de Costantín cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión do C.T. de Costantín con orixe no C.T. de Costantín, cunha lonxitude de 805 m conductor tipo R.Z. 3x95, 3x50 e 3x25, cun total de 17 apoios de formigón.

4. Rede de baixa tensión do C.T. de Baralla con orixe no C.T. de Baralla, cunha lonxitude de 380 m conductor tipo R.Z. 3x95, 3x50 e 3x25 cun total de 5 apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo modificado do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polo ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Lugo, 2 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo