Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o modificado ó proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilasante, no concello de Cervantes. (Expediente 42/1999 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Título: modificado ó proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Vilasante.

Situación: Cervantes.

Características técnicas:

1. Liña de baixa tensión aérea Vilasante, con orixe no centro de transformación existente de Pontorrón, cunha lonxitude de 1.860 m tipo de conductor R.Z. 3x95/54,6, R.Z. 0,6/1 kV.2x25 Al, R.Z. 0,6/1 kV.3x50/54,6 Al, tensións 960 V, 380 V e 220 V, nº de clientes 16 e zona B de aplicación.

2. Liña de baixa tensión aérea Vilar de Cucos, con orixe no centro de transformación existente de Pontorrón, cunha lonxitude de 1.080 m tipo conductor R.Z. 0,6/ kV, 2x25 Al, R.Z. 0,6/1 kV.3x50/54,6 Al, nº de clientes 6.

3. Autotransformador elevador de tensión 380/960 V e 50 kVA de potencia.

4. Transformador reductor 960/380-220 V e 50 kVA de potencia.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo modificado do proxecto de execución, das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

Lugo, 2 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo