Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto Arbillosa da provincia de Lugo e promovida por Hermanos Blanco Trigo, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15-10-1991), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación

da presente resolución, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto Arbillosa, situada en terreos do concello de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, e solicitado por Hermanos Blanco Trigo, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación, de Industria e Comercio e Medio Ambiente correspondentes, así como no concello de Outeiro de Rei, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO