Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/77-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Santa María.

Situación: Santa María (Vilardevós).

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 14 m con orixe y na L.M.T. a Vilardevós e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Santa María. Rede de baixa tensión derivada do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de agosto de 2003.

P.S. (Resolución do 22-7-2002)

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense