Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/245).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subest. de Sabón 220/032/606/150 kV. Novo edificio 66 e 15 kV.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas:

-Doce celas blindadas a 66 kV illadas con SF6 para liñas (8), secundario do transformador, axuste e medida.

-Dezasete celas a 15 kV de saída de liñas de distribución, transformación e medida.

-Liña subterránea a 66 kV de interconexión coa subestación existente e outro a 15 kV.

-Modificacións das liñas de 66 kV da actual subestación que se indican e con entrada na nova subestación:

-L.A.T. Sabón-Ártabra/Repsol II (expediente 280980).

-L.A.T. Sabón-San Pedro de Visma/Repsol I (expediente 33983).

-L.A.T. Sabón-Eirís/A Laracha (expediente 33983).

-L.A.T. Sabón-Leyma, propiedade de Gen Sabón (expediente 29/1998).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións