Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/267).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: variante L.A.T. 132 kV Sabón-A Grela entre os apoios 160-162.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: modificado da L.A.T. Sabón-A Grela (expediente 6582), entre os apoios 160-162, cunha lonxitude de 467 m, afectando os apoios nº 160 e 161. O apoio nº 162 non será modificado e proxéctanse os apoios 160A, 160B, 161A e 161B. Realizarase o reforzo do apoio 160. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións