Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de setembro de 2003, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00229-I-2003 e un máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante a Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00229-I-2003

Obstrucción

3544790902A2053

Alfoncresp, S.L.

Emilia Pardo Bazán, 3-2º A

36600-Vilagarcía de Arousa

(Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 16-4-2003 requirese a empresa Alfoncresp, S.L. para que no prazo de 10 días a partir da recepción do requirimento remitise a esta subdirección xeral a seguinte documentación: 1. Certificado de capacitación profesional do titular das autorizacións, ou polo menos, 2. Copia de facturas emitidas polos portes realizados no mes de decembro de 2002, 3. Copia de ITV e tarxetas de transportes dos vehículos citados nel, 4. Discos-diagrama dos citados vehículos correspondentes ó mes de decembro de 2002, así como relación de conductores. A recepción do requirimento tivo lugar, segundo consta no correspondente xustificante de recepción, o día 22-4-2003. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co requirimento, o cal constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle-lo exercicio das súas funcións.

1-8-2003; 12.03; 12

Art. 33 Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo) e art. 19 R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, Regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00232-I-2003

PO-0713-BS

3544790902A2053

Juan Antonio Moscoso Rodríguez

Xaime Pacheco, 26-3 D

36210-Vigo (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 15-5-2003, requiriuse a Juan Antonio Moscoso Rodríguez, para que remitise a esta subdirección xeral a seguinte documentación: 1. Copia das facturas emitidas polos portes realizados durante o mes de decembro de 2002 co vehículo matrícula PO-0713-BS, e 2. Copia da ITV do citado vehículo. Da documentación achegada compróbase que se realizou transporte co citado vehículo durante o mes de decembro de 2002, carecendo de autorización administrativa (tarxeta), xa que esta foi dada de baixa por non visar o 30-9-2002.

7-8-2003; 10.30.01

Art. 90 Lei 16/1987 e

art. 41 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros