Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: subterráneo da L.M.T. ponte de San Francisco.
Situación: Ribadavia.
Descricións técnicas: liña subterránea e entubada no seu cruzamento pola ponte de San Francisco, a 20 kV de 320 m de lonxitude desde a L.M.T. subterránea ó C.T. San Francisco ata a L.M.T. subterránea existente ó C.T. Madanela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 28 de agosto de 2003.
P.S. (Resolución 22-7-2002)
Gabriel Diéguez Domínguez
Secretario provincial de Ourense