Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (105/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 105/2003 por instancia

de David Bordallo Fernández e Outros contra Counter Lab, S.L. e outros sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 30 de xuño de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por David Bordallo Fernández, Óscar Luis Bordallo Fernández, Ángel Luis Domingo Velasco, María Moira Marugan García e Raquel Pintor Buyo, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Counter Lab, S.L., a que á súa elección, para efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 18.676,37 euros a David Bordallo Fernández, 21.428,82 euros a Óscar Luis Bordallo Fernández, 22.983,16 euros, a Ángel Luis Domingo Velasco, 12.521,02 euros a María Moira Marugan García e 5.033,90 euros a Raquel Pintor Buyo, así como aboarlles en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 11.304,94 euros a Bordallo Fernández David, 8.439,61 euros a Bordallo Fernández Óscar, 7.037,47 euros a Domingo Velasco, 4.001,72 euros a Moira Marugan e 5.490,3 euros a Pintor Buyo. Absolvo da demanda as codemandadas Vermelab, S.L. e Clínica Médica e Laboratorio, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0105.03 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírtese á parte demandada que se fai uso de tal dereito tendo optado pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que debería percibir, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que a prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Counter Lab, S.L., expido e asino esta cédula.

A Coruña, 3 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado