Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (470/2002-CH).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Gema Fernández Sesar contra Pablo Suñer Gutiérrez, sobre demanda de separación número 470/2002-CH, se dictou sentencia con data do 3 de xullo de 2003, e para a súa notificación ó demandado rebelde, Pablo Suñer Gutiérrez, acordouse redacta-lo seguinte edicto, que contén o encabezamento e a parte dispositiva e que copiada literalmente di:

«Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, estes autos de separación contenciosa, seguidos neste xulgado co número 470/2002-CH, por instancia de Gema Fernández Sesar, representada pola procuradora María Fara Aguiar Boudín e defendida pola letrada Cristina Martínez Fernández, sendo a parte demandada Pablo Suñer Gutiérrez, en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora María Fara Aguiar Boudín, en nome e representación de Gema Fernández Sesar contra Pablo Suñer Gutiérrez, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por Gema Fernández Sesar e Pablo Suñer Gutiérrez, que tivo lugar na Coruña con tódolos efectos legais inherentes para tal pronunciamento. Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado, no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Pablo Suñer Gutiérrez, en ignorado paradoiro, expido este edicto na Coruña o tres de xullo de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado