Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.530

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2003 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción e Lingüística, a María Elena Sánchez Trigo (praza 70/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de novembro de 2001 (BOE do 26 de novembro), para a provisión dunha praza de catedrática de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción e Lingüística, en prol de María Elena Sánchez Trigo, con documento nacional de identidade número 32631741-P e cumprindo o/a interesado/a os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Elena Sánchez Trigo, catedrática de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación, do departamento de Traducción e Lingüística.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 19 de setembro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo