Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 08 de outubro de 2003 Páx. 12.514

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Industria Encuadernadora y Transformadora de Plásticos de Galicia, Iberplás, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Industria Encuadernadora y Transformadora de Plásticos de Galicia, Iberplás, S.L., con nº de código 3601972, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-8-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o 16-7-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, Iberplás, S.L.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1.1.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial deste convenio comprende o centro de traballo da empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, Iberplás, S.L., situada actualmente no concello de Vigo.

Artigo 1.2.-Ámbito persoal.

Este convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Industria Transformadora y Encuadernadora de Plásticos de Galicia, Iberplás, S.L., e tódolos traballadores que presten os seus servicios nela.

Capítulo II

Vixencia, duración e prórroga

Artigo 2.1.-Vixencia.

A vixencia deste convenio será do 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2005.

Artigo 2.2.-Rescisión e revisión da denuncia do convenio.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, salvo que algunha das partes que o subscriben o denuncien cunha antelación mínima dun mes á extinción da súa vixencia.

Capítulo III

Compensación, garantías e absorción

Artigo 3.1.-Globalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible, e para os efectos da súa aplicación consideraranse globalmente.

Artigo 3.2.-Garantía persoal.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter global, excedan do convenio. Respectaranse con carácter persoal.

Capítulo IV

Do persoal

Artigo 4.1.-Clasificacións.

4.1.1. Clasificación segundo permanencia.

De conformidade co previsto no artigo 15 do Estatuto dos traballadores, o persoal afectado por este convenio clasifícase en fixo e temporal.

É persoal fixo o que se contratou por tempo indefinido e o que adquire tal condición por imperativo legal.

É persoal temporal o contratado por tempo determinado, de acordo con calquera das modalidades contractuais vixentes en cada momento, tales como:

a) Cando se contrate o traballador/a para a realización de obra ou servicio determinado.

b) Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixan mesmo tratándose de actividade normal da empresa.

c) Cando se trate de substituí-los traballadores/as con dereito a reserva de posto de traballo, sempre que no contrato de traballo se especifique o nome do substituído/a e a causa da substitución.

4.1.2. Clasificación segundo a súa función.

O persoal rexido por este convenio clasificarase nos seguintes grupos:

1. Administrativos.

2. Operarios.

4.1.2.1. Administrativos.

Este grupo comprende:

1. Oficial admtvo. de primeira.

2. Oficial admtvo. de segunda.

3. Oficial admtvo. de terceira.

4. Auxiliar administrativo.

4.1.2.2. Operarios.

Este grupo comprende:

1. Encargado.

2. Responsable de zona.

3. Oficial de primeira.

4. Oficial de segunda.

5. Oficial de terceira.

6. Especialista.

7. Peón.

8. Formación 1º ano.

9. Formación 2º ano.

Artigo 4.2.-Igualdade e non discriminación.

Dentro da empresa, os traballadores non poderán ser discriminados por razóns étnicas, de ideoloxía, sexo, afiliación política ou sindical.

Respectaranse os principios de igualdade de acceso a tódolos postos de traballo da empresa, tanto para os homes como para as mulleres, sen ningunha discriminación.

Cando se produza unha convocatoria para cubrir un posto de traballo, farase abstracción total da condición de sexo, atendendo á capacidade profesional esixida. Eliminarase a especificación de sexo e estado civil nos anuncios de ofertas de emprego.

Artigo 4.3.-Situacións especiais.

A muller embarazada, a partir do cuarto mes de xestación, en caso de desenvolver traballo previamente declarado polo facultativo pertinente como penoso ou perigoso para o embarazo, terá dereito, logo de solicitude, a ocupa-la primeira vacante que se produza nun posto de traballo non perigoso, ou a cambia-lo seu posto por outro adecuado á súa formación profesional no que non estea exposto ós citado riscos, sempre que exista posibilidade na empresa.

O dereito ás expresadas ocupacións ou cambios non significa prexuízo de categoría e soldo do interesado, sempre que exista posibilidade na empresa.

En caso de cambio, a empresa, unha vez oído o representante dos traballadores, designará a persoa que obrigatoriamente quede afectada, quen, con carácter de provisionalidade e duración da situación, se reincorporará ó seu posto de traballo unha vez que a embarazada cause baixa no traballo.

Ámbolos casos, cambio ou ocupación, non darán lugar en ningún caso á consolidación do traballador/a afectado no posto provisional, aínda que a situación de interinidade supere os tres meses.

4.3.2. Capacidade diminuída.

A empresa procurará coloca-lo persoal con capacidade diminuída que teña a súa orixe nalgunha enfermidade profesional, accidente de traballo ou desgaste físico debido á súa actividade profesional ó servicio da empresa, destinándoo a un posto de traballo adecuado ás súas condicións.

Para ser colocado nesta situación, terá preferencia o traballador que perciba subsidio ou pensión inferior ó S.M.I. vixente. A orde para o beneficio establecido anteriormente determinarase polas cargas familiares, en caso de igualdade pola anterior empresa.

Artigo 4.4.-Ingresos, períodos de proba, cesamentos, ascensos e xubilacións.

4.4.1. Ingresos.

Para ingresar na empresa é preceptivo que o aspirante cumprise a idade de dezaseis anos. A admisión do persoal realizarase de acordo coas disposicións vixentes en materia de colocación, dándolle preferencia, en igualdade de condicións, ó persoal que prestará servicios como interino ou eventual, debendo somete-los aspirantes a recoñecemento médico e demais formalidades esixibles.

A empresa poderá somete-los aspirantes ás probas teóricas, prácticas e psicotécnicas que considere convenientes, para comproba-lo seu grao de adecuación.

4.4.2. Período de proba.

As admisións consideraranse provisionais durante un período de proba que, en ningún caso, poderá exceder do que se sinala na seguinte escala:

Persoal administrativo: 1 mes.

Persoal operario: 1 mes.

Durante este período, tanto o traballador como a empresa poderán rescindi-lo contrato sen previo aviso, sen que ningunha das partes teña por isto dereito a indemnización. O traballador, durante este período de proba, terá dereito a percibi-la retribución correspondente á súa categoría profesional.

Transcorrido o referido prazo, o traballador pasará a figurar no cadro de persoal da empresa, e o tempo de período de proba será computado para efectos de antigüidade.

O período de proba non é obrigatorio e a empresa poderá proceder á admisión do persoal con renuncia total ou parcial á súa utilización.

4.4.3. Cesamentos.

O traballador que desexe cesar voluntariamente na empresa estará obrigado a poñelo en coñecemento dela, por escrito, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

Persoal administrativo: 15 días.

Persoal operario: 15 días.

O incumprimento, por parte do traballador, da obriga de avisar previamente coa indicada antelación daralle dereito á empresa a descontar da liquidación o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso previo.

4.4.4. Ascensos.

1. Os ascensos para cubri-las vacantes ou ampliacións do cadro de persoal, levaranse a cabo logo de proba de aptitude teórico-práctica, na que valorarán tódalas circunstancias inherentes ó posto que se vai cubrir entre o persoal da especialidade e, de non haber, entre os de especialidades afíns.

2. No caso de igualdade de puntuación que mida a capacidade dos aspirantes, decidirá a maior antigüidade na empresa.

4.4.5. Xubilación anticipada ós 64 anos.

O/A traballador/a, ós 64 anos, poderá solicita-la xubilación anticipada conforme o disposto no R.D. 1194/1985, do 17 de xullo.

4.4.6. Xubilación obrigatoria.

Establécese a xubilación obrigatoria para tódolos traballadores que teñan 65 anos, sempre que o traballador reúna o período mínimo de carencia necesario para percibi-la correspondente pensión de xubilación.

Artigo 4.5.-Formación laboral.

A empresa poderá organizar cursos de formación profesional, por persoal especializado, ou envia-los seus traballadores a centros preparados para tal efecto.

O traballador deberá colaborar coas medidas que adopte a empresa, e esta informará o representante

legal dos traballadores sobre o contido e desenvolvemento delas, podendo presenta-las suxestións que considere interesantes para o cumprimento dos fins propostos.

Artigo 4.6.-Contratos eventuais por necesidades da producción.

Ó abeiro do disposto no artigo 15.1º b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores (Lei 12/2001, do 10 de xullo), este contrato ten por obxecto atende-las esixencias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, mesmo tratándose de actividade normal da empresa.

a) Formalización do contrato. Formalizarase por escrito consignándose con suficiente precisión e claridade a causa e circunstancia que o motive.

b) Duración e prórrogas. A duración deste non poderá ser inferior a 10 días nin superior a doce meses, dentro dun período de dezaoito meses, contados a partir do momento do contrato inicial.

En caso de que o contrato inicialmente se concerte por un período inferior ó máximo, poderase prorrogar por acordo das partes, cunha soa prórroga sen que a duración do contrato xunto coa prórroga poida exceder do límite máximo.

Se ó final da súa duración máxima non houbese denuncia expresa con quince días de antelación e sempre que se continuasen prestando os servicios, o contrato considerarase por tempo indefinido.

c) Indemnización. Á finalización do contrato por expiración do tempo acordado, o traballador percibirá unha indemnización económica equivalente a 8 días de salario por ano de servicio, en proporción ó tempo traballado. Exceptúase o caso de cesamento voluntario do traballador.

Artigo 4.7.-Traslados.

No suposto de que a empresa pretenda traslada-lo centro de traballo, deberase asustar ó procedemento establecido nas normas xerais que rexan en cada momento, e con carácter xeral estará obrigada a llo comunicar ó persoal con dous meses de antelación.

No dito aviso, a empresa detallará o lugar onde proxecta traslada-lo centro de traballo.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 5.1.-Retribucións.

Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2003, o salario base de convenio será o fixado na táboa anexo I, e supón un incremento do 5,5% con respecto ó salario actual.

Os salarios para os anos 2004 e 2005 serán o resultado de lles aplicar ós salarios do ano 2003 (anexo I) o IPC previsto polo Goberno para cada ano.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de cada un destes años un incremento ou unha dimi

nución con respecto ó previsto polo Goberno, a dita diferencia será obxecto de regularización nos salarios do ano seguinte, aboándose ou descontándose a diferencia.

5.1.2. Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselle dúas pagas de 30 días de salario máis antigüidade e retribución voluntaria, se é o caso, a todo o persoal.

A data límite de aboamento será do 15 ó 30 de xullo para a paga de verán, e do 15 ó 22 de decembro para a paga de inverno.

5.1.3. Paga de participación en beneficios.

En concepto de participación en beneficios, a cada traballador aboaránselle 30 días de salario base, máis antigüidade e retribución voluntaria, se é o caso, a todo o persoal.

A entrega desta cantidade efectuarase entre o 15 e o 20 de marzo.

5.1.4. Complemento de antigüidade.

Os traballadores desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico por tempo de servicio prestado na empresa, consistente en trienios sucesivos. O dito complemento só se lles aboará ó traballadores que con data do 1 de xaneiro de 2003 teñan xerado algún trienio, e establécese como tope máximo para xerar cada traballador por este concepto o de 10 trienios.

A cantidade que se aboará por trienio xerado a partir do ano 2003 será de 28 euros para tódolos traballadores independentemente da súa categoría.

Os traballadores que nesta data teñan algún trienio xerado por aplicación do sistema anterior conservarán esa porcentaxe, e no sucesivo os trienios que se xeren aboaranse a razón de 28 euros.

5.1.5. Complemento puntualidade e asistencia.

Establécese un complemento de puntualidade e asistencia para os traballadores. O importe destes dous complementos percibirase nunha cantidade fixa mensual establecida na táboa anexo I, entendéndose polos ditos conceptos o seguinte:

-Complemento de puntualidade: aboaráselles a aqueles traballadores que, á hora do inicio da xornada laboral, se encontren no seu posto de traballo perfectamente cambiados de roupa e unha vez fichado.

-Complemento de asistencia: aboarase sempre e cando o traballador asista ó posto de traballo en xornada normal de 8 horas tódolos días laborables, e só se exceptúan como xustificadas para efectos de seguir aboando o dito complemento as ausencias debidas a causas sinaladas no artigo 6.3.

Estes dous complementos cobraranse por día efectivo de traballo, e as cantidades que se van aboar por este concepto durante os anos 2004 e 2005 serán o resultado de lles aplicar ós salarios do ano 2003 (anexo I) o IPC previsto polo Goberno para cada ano.

No caso de que o IPC rexistrase a 31 de decembro de cada un destes anos un incremento ou unha diminución con respecto ó previsto polo Goberno, a dita diferencia será obxecto de regularización nos salarios do ano seguinte, aboándose o descontándose a diferencia.

5.1.6. Quilometraxe.

Por este concepto aboaránselles 0,26 euros por quilómetro ós traballadores da empresa cando realicen desprazamentos para esta co seu propio vehículo, coa excepción dos vendedores.

Capítulo VI

Xornada de traballo, horarios e descansos

Artigo 6.1.-Xornada.

6.1.1. Xornada semanal.

A xornada semanal para o ano 2003 será de 40 horas de traballo efectivo, tanto en xornada partida como continuada.

a) Para o persoal afectado por un réxime de xornada continuada de 8 horas diarias establécese un descanso de 15 minutos, respectándose os tempos de descanso para os que tivesen recoñecidas xornadas inferiores a 8 horas, e computándose os tempos de descanso como tempo de traballo efectivo.

b) As ausencias ó traballo reguladas no artigo 7.3 deste convenio ou por disposición legal consideraranse como tempo de traballo efectivo.

6.1.2. Horario diario.

Do 1 de outubro ó 31 de marzo: das 9.00 ás 13.30 horas, e das 16.00 ás 19.30 horas.

Do 1 de abril ó 30 de setembro: primeira quenda das 7.30 h ás 14.30 horas; segunda quenda das 14.30 ás 21.30 horas; xornada de sábado das 8.30 ás 13.30 horas.

Establécense como días retribuídos pola empresa, en concepto de pontes para o ano 2003, o 2 de maio e o 26 de decembro, e para o ano 2004 os días 2 e 5 de xaneiro.

6.2. Vacacións.

O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal será de 30 días naturais, calquera que sexa a categoría ou o grupo ó que pertenzan, e serán desfrutadas 15 días no verán e 15 días no inverno.

Para o ano 2003 a empresa cerrará desde o 25-12-2003 ata o 6-1-2004, e unicamente computarán como días de vacacións os días 29, 30 e 31 de decembro.

6.3. Ausencias xustificadas.

Todo o persoal suxeito a este convenio terá dereito ás seguintes ausencias retribuídas, coa necesaria xustificación en cada caso.

a) Matrimonio: 18 días.

b) Nacemento de fillo: 3 días, mínimo 2 días laborables.

c) Matrimonio de pais ou fillos: 1 día laborable.

d) Falecemento ou enfermidade do cónxuxe: 4 días, mínimo 3 días laborables.

e) Falecemento ou enfermidade grave de pais ou fillos: 3 días, mínimo 1 día laborable.

f) Falecemento ou enfermidade grave de pais políticos: 2 días, mínimo 1 día laborable.

g) Falecemento ou enfermidade grave de avós ou netos: 2 días.

h) Falecemento ou enfermidade grave de irmáns lexítimos ou políticos: 2 días naturais.

i) Falecemento ou enfermidade grave de tíos: 1 día laborable.

j) Traslado de domicilio: 1 día laborable. Cando ocorra a máis de 150 km do domicilio, ampliarase nun día, que será xustificado.

6.4. Baixas por incapacidade transitoria por accidente de traballo e por enfermidade común.

En caso de incapacidade laboral derivada de accidente de traballo, a empresa aboaralle ó traballador afectado a diferencia existente entre o seu salario real e as prestacións que perciba da Seguridade Social desde o mesmo día de ocorrer aquela, sempre que o accidente se produza dentro da propia empresa.

No que respecta á enfermidade común, observarase o disposto na Lei xeral da Seguridade Social, coa excepción de ingreso hospitalario en UVI na que o traballador cobrará o 100% do seu salario durante un máximo de 3 meses.

Capítulo VII

Seguridade, saúde laboral e perigosidade

Artigo 7.1.-Seguridade e saúde laboral no traballo.

Co fin de logra-lo cumprimento da vixente Lei de prevención de riscos laborais, a empresa contará cun delegado de prevención de seguridade e saúde laboral no traballo.

Artigo 7.2.-Delegado de prevención.

De acordo coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, terá obriga de acudir a un curso de delegado de prevención. A empresa facilitará os medios necesarios para que o delegado de prevención poida acudir a ese curso.

Artigo 7.3.-Recoñecemento médico.

A dirección da empresa xestionará a realización dun recoñecemento médico ó ano, do que lle entregará copia do resultado a cada traballador.

Capítulo VIII

Varios

Artigo 8.1.-Roupa de traballo.

Subministraráselle a todo o persoal da empresa una bata de verán do 15 ó 31 de marzo, e unha de inverno do 15 ó 31 de outubro, cada dous anos.

Se por calquera circunstancia as batas se deteriorasen, entregarase unha nova e deberá ser devolta a deteriorada.

Ó persoal contratado entregaránselle 2 batas ó inicio da súa relación laboral.

Capítulo IX

Réxime disciplinario

Artigo 9.1.-Réxime de faltas e sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa gradación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes.

Artigo 9.2.-Gradación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador se clasificará, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 9.3.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes:

1. A falta de puntualidade, ata de tres nun mes, na asistencia ó traballo, con atraso inferior a trinta minutos no horario de entrada.

2. Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de o ter efectuado.

3. O abandono do servicio sen causa fundada, mesmo cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia del se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do material.

5. Falta de aseo e limpeza persoal, cando sexa de tal índole que poida afecta-lo proceso productivo da empresa.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

8. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

9. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

Artigo 9.4.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo nun período de trinta días.

2. Ausencias sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta días.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

5. A simulación de enfermidade ou accidente.

6. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

7. Simula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

9. A imprudencia en acto de traballo, se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá se considerada como moi grave.

10. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

11. A embriaguez fóra de acto de servicio, vestindo o uniforme da empresa, sempre que polo uniforme se poida identifica-la empresa.

12. A reincidencia en falta leve (excluída a de puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado comunicación escrita.

13. O incumprimento das obrigas previstas no artigo 29 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, cando tal incumprimento orixine risco de danos graves para a seguridade e saúde dos traballadores.

Artigo 9.5.-Faltas moi graves.

Considéranse como faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, superior a cinco minutos, cometidas nun período de seis meses ou vinte durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos de confianza.

4. A condena por delicto de roubo, furto ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feitos que poidan implicar para esta desconfianza respecto do seu autor e, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictadas polos tribunais de Xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez habitual.

7. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelar a elementos estraños a ela datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou a falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e subordinados.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

11. A diminución continuada e voluntaria no rendemento normal de traballo, sempre que non estea motivada polo exercicio de ningún dereito recoñecido polas leis.

12. O orixinar frecuentes rifas e pendencias cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes de se ter producido a primeira.

14. O abuso de autoridade por parte dos xefes será sempre considerado como falta moi grave. O que o sufra porao inmediatamente en coñecemento da dirección da empresa.

15. O acoso sexual, entendendo por tal unha conducta de natureza sexual, de palabra ou acción, desenvolvida no ámbito laboral e que sexa ofensiva para o traballador ou traballadora obxecto dela. Nun suposto de acoso sexual protexerase a continuidade no seu posto de traballo da persoa obxecto del.

16. O incumprimento das obrigas previstas no artigo 29 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, sempre que de tal incumprimento se derive un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Artigo 9.6.-Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado neste convenio.

A sanción de faltas requirirá comunicación escrita motivada ó traballador.

En calquera caso, a empresa daralles conta ós representantes dos traballadores, ó mesmo tempo que ó propio afectado, de toda sanción que impoña.

Artigo 9.7.-Sancións máximas.

As sancións máximas que se poderán impoñer en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

c) Por faltas moi graves: desde a suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo nos supostos en que a falta fose cualificada dun grao máximo.

Artigo 9.8.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de se ter cometido.

Capítulo X

Conceptos legais

Artigo 10.1.-Lexislación subsidiaria.

No que non estea expresamente regulado neste convenio, observarase o establecido no convenio xeral da industria química, Estatuto dos traballadores e lexislación laboral vixente.

ANEXO I

Táboa salarial para 2003

CATEGORÍA

PROFESIONAL

SALARIO BASEC. PUNTUALIDADE

E ASISTENCIA

TOTAL

RETRIBUCIÓN

ENCARGADO817,2231,63848,85
RESP. ZONAPERCIBIRÁ O 7% MÁIS DO SALARIO DA SÚA CATEGORÍA
OFIC. PRIMEIRA669,9029,40699,30
OFIC. SEGUNDA628,9028,65657,55
OFIC. TERCEIRA590,8527,90618,75
ESPECIALISTA556,9527,25584,20
PEÓN520,8526,60547,45
APRENDIZ405,9523,35429,30
OF. ADMTVO. 1ª675,9029,60705,50
OF. ADMTVO. 2ª649,5228,95678,47
OF. ADMTVO. 3ª606,6528,20634,85
AUX. ADMTVO.575,1027,60602,70