Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se outorga a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a instalación dunha planta satélite de regasificación de gas natural licuado no termo municipal de Cangas (Pontevedra), e se aproba o seu proxecto de execución.

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Galicia SDG, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Lisboa, Área Cen

tral, local 31- HIJ, 15707 Santiago de Compostela, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 25 de setembro de 1998 a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia, SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Cangas, Moaña e Bueu, concesión que deviu en autorización conforme establece a disposición transitoria décimo quinta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Segundo.-Con data do 22 de maio de 2003 a empresa Gas Galicia SDG, S.A., solicitou ó abeiro da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha planta satélite de regasificación de gas natural licuado para a subministración de gas natural ós termos municipais de Cangas, Moaña e Bueu (Pontevedra), para o que presentou o preceptivo proxecto das instalacións.

Terceiro.-De conformidade co establecido no citado Real decreto 1434/2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, dictou resolución con data do 12 de xuño de 2003 pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa de referencia, que se publicou no DOG do 25 de xuño de 2003, no BOP de Pontevedra do 25 de xuño, e nos diarios Faro de Vigo e La Voz de Galicia do 25 de xuño.

As características básicas das instalacións son as seguintes:

A planta satélite de regasificación ten unha capacidade de almacenamento de 120 m de GNL e unha capacidade de regasificación de 2.000 m (n)/h.

Á saída da P.S.R. dispoñerase dunha presión de 2,5 bar, quedando dentro do rango de Media Presión B.

A planta estará composta basicamente polas seguintes unidades:

-Unidade de descarga de camións cisterna.

-Unidade de almacenaxe e posta a presión.

-Unidade de gasificación.

-Unidade de odorización.

-Unidade de regulación.

-Unidade de xestión e control.

O orzamento ascende á cantidade de cento sesenta e seis mil catrocentos oitenta e catro euros (166.484 euros).

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro e o Decreto 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-O proxecto cumple coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 1434/2002 do 27 de decembro, así como o Regulamento de aparatos a presión e concretamente coa instrucción técnica complementaria MIE-AP-15, punto 5.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

-Outorgar á empresa Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa dunha planta satélite de regasificación de gas natural licuado en Cangas (Pontevedra) para a subministración de gas ós termos municipais de Cangas, Moaña e Bueu, e aproba-lo seu proxecto de execución, así como as súas addendas I e II.

A presente autorización administrativa axustarase a cantas prescricións se establecen na Lei 34/1998, do 7 de outubro, no Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro e a cantas outras disposicións se dictaran ou dicten sobre a subministración de combustibles, así como ás condicións estipuladas na resolución de concesión administrativa de distribución, e ademais ás seguintes condicións:

Primeira.-Gas Galicia SDG, S.A. constituirá no prazo de dous meses, contados desde o momento do outorgamento da autorización, unha fianza por valor de 3.329,68 euros, importe do 2% do orzamento das instalacións, para garantiza-lo cumplimento das súas obrigacións, conforme o previsto no artigo 73, punto 4º da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 82 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11, punto 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e que será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses a partir da data desta resolución.

Terceira.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra cuidará do exacto cumprimento das condicións estipuladas por esta resolución, así como da inspección das obras e montaxes efectuadas.

Cuarta.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa concesionaria, subscrito polo enxeñeiro José Ramón Álvarez Enríquez, con orzamento de cento sesenta e seis mil catrocentos oitenta e catro euros.

Quinta.-Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas. Previo ó levantamento da acta de posta en marcha solicitará da empresa distribuidora os ensaios e probas oportunas, así como o certificado de dirección e terminación de obra, firmado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente, no que conste que a construcción e montaxe das instalacións se efectuaron de acordo co proxecto correspondente, acreditando así mesmo, expresamente, o cumprimento das condicións técnicas e prescricións regulamentarias de aplicación.

Sexta.-Gas Galicia, SDG, S.A. deberá inicia-la subministración de gas no prazo dun mes contado a partir da data na que a delegación provincial formalice a acta de posta en marcha.

Sétima.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros, e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interponerse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas