Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto de pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Irene 7028, da provincia da Coruña e promovida por Sonense de Granitos, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de infor

mación pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto de pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Irene nº 7028, situada en terreos do concello de Boiro, provincia da Coruña, e solicitado por Sonense de Granitos, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación, Industria e Comercio, e Medio Ambiente correspondentes, así como no concello de Boiro, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL