Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/121-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Retevisión Móvil, S.A.

Domicilio social: praza de Canalejas, 1, 28020 Madrid.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., reemisor telefonía móbil.

Situación: Quins-Melón.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 42 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. de Unión Fenosa, S.A. ó C.T. de Covelo e rematará no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Quins. Rede de baixa tensión ata o reemisor.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de novembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense