Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/269).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa

ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ret. L.M.T. Baiuca-liña Palmeira, nº 5.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 230 m, coa orixe na L.M.T. Palmeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro (expediente 30201), nunha torre metálica para instalar nas inmediacións de conservas Escurís, conductor tipo R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al, e final na mesma liña (en torre metálica existente inmediata a Albancor, S.A.) unha vez que entre e saia do C.D. proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 330 m, coa orixe no C.D. proxectado, conductor tipo R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al, e final na L.M.T.S. a C.T. Xunqueira.

Centro de distribución prefabricado Baiuca 5L. Concello da Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións