Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Retevisión Móvil, S.A.
Domicilio social: r/ Forja, nº 81, 47008 Polígono de Argales (Valladolid).
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., reemisor en Fumaces.
Situación: Riós.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 38 m de lonxitude, con orixe no primeiro van da L.M.T. ó C.T. de Telefónica Móviles, S.A., e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
Rede de baixa tensión aérea de 490 m de lonxitude desde o C.T. ata o reemisor.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 28 de setembro de 2003.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense