Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se fai pública a adxudicación da contratación dunha entidade financeira para a concertación dun crédito destinado a financiar, por medio de leasing financeiro, a dotación de vehículos para o Parque Móbil da Xunta de Galicia e para a selección de provedores.

Por resolución do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 18 de decembro de 2001, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

* Contratación dunha entidade financeira para a concertación dun crédito destinado a financiar, por medio de leasing financeiro, a dotación de vehículos para o Parque Móbil da Xunta de Galicia e para a selección de provedores.

Adxudicatario: entidade financeira Santander Central Hispano Lease, S.A. EFC.

Importe: 1.550.204,77 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública