Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 253/2003-P, interposto por Lourdes Lourido Mosquera.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado nº 253/2003-P, formulada por Lourdes Lourido Mosquera, contra resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de maio de 2003 pola que se desestima o recurso de reposición

contra a orde da dita consellería do 11 de marzo de 2003, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 11 (limpador/a e outros) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública