Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gestamp Vigo, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Gestamp Vigo, S.A., con número de código 3603302, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-7-2003, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 3-7-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Gestamp Vigo, S.A.

para os anos 2003, 2004, 2005

Capítulo I

Ámbito, vixencia e estructura

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a totalidade do cadro de persoal que presta os seus servicios profesionais para Gestamp Vigo, S.A., no seu centro de traballo, situado no polígono industrial das Gándaras, parcelas 105-106B, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Este convenio regulará as condicións ás que se terán de axusta-las relacións económicas e laborais.

Afecta o persoal que actualmente presta servicio na referida empresa, así como a aquel que ingrese no futuro.

No suposto de constitución dun novo centro de traballo na provincia de Pontevedra, vixente a duración deste convenio, será de aplicación ós traballadores que presten os seus servicios profesionais nel.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio colectivo terá unha vixencia de tres anos, entrando en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2003 e finalizando o 31 de decembro de 2005. Retrotraéndose en consecuencia os seus efectos, ó 1 de xaneiro de 2003 e rematando o 31 de decembro de 2005.

Artigo 3º.-Prórroga e denuncia.

Quedará automaticamente denunciado, con 3 meses de antelación ó seu vencemento, prorrogándose o actual convenio atá a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4º.-Deber de paz.

Durante a vixencia do presente convenio, e en relación con calquera controversia que poida xurdir na interpretación, alcance, aplicación e cumprimento del, será preceptivo a intervención previa da comisión paritaria do mesmo.

De non chegarse a acordos será obrigatoria a mediación sempre que o demande unha das partes do conflicto.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 6º.-Garantías persoais.

Respetaranse, a título individual as condicións económicas que foran superiores ás establecidas neste convenio consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Emprego e contratación

Artigo 7º.-Criterios xerais.

As partes asinantes deste convenio consideran como obxetivo prioritario o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo, comprometéndose a propiciar, dentro de marcos negociados, as medidas necesarias para a consecución do dito obxetivo no conxunto da empresa.

Artigo 8º.-Contrato de traballo.

1. O contrato de traballo será subscrito entre a empresa e o traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 15 días seguintes á súa incorporación, de acordo con calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser inscrito na oficina de emprego.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría na que quede encadrado

o traballador, e en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación nel: da identificación completa das partes contratantes, da localización xeográfica e da denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador, do domicilio da sede social da empresa, do grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, oficio ou posto de traballo no que quede adscrito o traballador, da retribución total anual inicialmente pactada e da expresión e a identificación do convenio colectivo aplicable.

Entregarase unha copia básica dos contratos que se formalicen por escrito á representación dos traballadores.

A empresa notificará ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo das que a copia básica foi entregada, así como as denuncias correspondentes a eles.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns, especialistas, contratos de formación: 2 semanas.

No non regulado seguirase o disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

2. Contrato para o fomento da contratación indefinida.

Artigo 9º.-Contratación eventual.

Como continuación da política seguida nesta materia nos últimos anos, e para potencia-lo emprego estable, en detrimento da contratación temporal, Gestamp Vigo comprométese a incrementa-lo número de contratos indefinidos.

De tal xeito que os contratos indefinidos sexan o 63% do total do cadro de persoal. Como base para o cálculo tomarase a media do cadro de persoal dos últimos 18 meses, establecéndose un mínimo de 12 persoas para o ano 2003.

Os criterios fixaranse razoadamente entre a dirección da empresa e o comité.

1. Contrato en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas só se poderá concertar cos que estean en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional, dentro dos 4 anos, ou de 6 cando o contrato se concerte cun traballador minusválido, seguintes á terminación dos correspondentes estudios.

O posto de traballo será o adecuado para a finalidade de facilita-la práctica profesional do traballador, para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

A duración non será inferior a 6 meses nin superior a 24.

O período de proba será de 15 días para os traballadores en posesión de título de grao medio e 1 mes para os de grao superior.

Ningún traballador poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa por tempo superior a 24 meses en virtude da mesma titulación.

A retribución mínima dos traballadores contratados baixo esta modalidade será do 100% do salario fixado no convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo e nos grupos V, VI e VII.

A retribución mínima dos traballadores contratados baixo esta modalidade e para os grupos profesionais I, II, III e IV será do 70 % durante o primeiro ano e do 80% durante o segundo do salario fixado no convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

A empresa poderá realizar esta modalidade de contratación na seguinte contía:

-Ata 5 traballadores: 1 contrato en prácticas.

-De 6 a 10 traballadores: 2 contratos en prácticas.

-De 11 a 25 traballadores: 4 contratos en prácticas.

-De 26 a 40 traballadores: 5 contratos en prácticas.

-De 41 a 50 traballadores: 6 contratos en prácticas.

-De 51 a 100 traballadores: 10 contratos en prácticas.

-De 101 a 250 traballadores: 12% do cadro de persoal.

-De 251 a 500 traballadores: 10% do cadro de persoal.

-De máis de 500 traballadores: 8% do cadro de persoal.

2. Contratos de formación.

Terá como obxetivo a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado.

Poderán ser obxecto deste contrato os oficios incluidos neste convenio, non podéndose formalizar contratos para a formación para categoría inferior á de especialista.

O contrato para a formación terá unha duración máxima de dous anos.

Cando o contrato para a formación se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderase prorrogar antes da súa terminación por acordo de ámbalas partes unha ou máis veces, por períodos non inferiores a 6 meses, sen que o tempo acumulado, incluíndo as prorrogas, poi

da exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indique o convenio.

A idade do traballador estará comprendida entre os 16 e 20 anos inclusive.

O traballador disporá do 15% da súa xornada para a formación teórica.

Esta formación deberá ser impartida polos centros de formación autorizados.

Cada titor non poderá dispoñer de máis de 2 traballadores en formación.

A retribución será o SMI para o primeiro ano. Para o segundo será o SMI máis o 10% do dito salario. Sempre en proporción ó tempo de traballo efectivo.

A contía máxima para a celebración destes contratos en cada empresa será a mesma que para os contratos en prácticas.

3. Contratos a tempo parcial.

Tódolos contratos a tempo parcial terán unha prestación efectiva superior a 12 horas e inferior ó 77% da xornada semanal. Estes traballadores non poderán realizar horas extraordinarias, excepto as motivadas por forza maior de acordo co artigo 35.3º do ET e gozarán dos mesmos dereitos que os traballadores a tempo completo.

4. Contratos eventuais de duración determinada por circunstancias do mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Estes contratos, regulados no vixente artigo 15.1.b do Estatuto dos traballadores, terán a duración máxima permitida nel en cada momento.

5. Contrato por obra ou servicio determinado.

No contrato de traballo farase constar, de forma clara e precisa, se o contrato é de obra ou servicio, cunha completa identificación da obra ou servicio para o cal se contrata o traballador.

Con carácter xeral será para unha soa obra, con independencia da súa duración e finalizará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

Artigo 10º.-Subcontratación.

A empresa cando subcontrate con outras a execución de obras ou servicios, responderá ante os traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores, quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións á Seguridade Social.

Artigo 11º.-Empresas de traballo temporal.

A empresa non poderá contratar os servicios das ETT, excluíndo os supostos de substitución por IT, vacacións e licencias.

Artigo 12º.-Aviso previo final de contrato.

Á finalización do contrato de traballo a empresa estará obrigada a notificar o cesamento ó traballador,

por escrito e con 15 días de antelación á data de finalización ou extinción dos contratos de duración igual ou superior a seis meses.

A empresa entregaralle ó traballador copia da liquidación con 5 días laborais de antelación ó cesamento.

Nas liquidacións que teñan lugar por finalización ou rescisión do contrato ou outras causas, farase constar que o traballador non perderá o dereito a cobrar o que a empresa teña que pagar ós traballadores en concepto de revisións, atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución que corresponda ó tempo no que o traballador presta os seus servicios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa estarán obrigados a poñelo en coñecemento dela cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

-Técnicos: 30 días.

-Empregados e operarios: 15 días.

Artigo 13º.-Indemnizacións contratos non indefinidos.

A empresa aboará mensualmente ós traballadores con contratos non indefinidos, en concepto de indemnización, unha compensación de eventualidade equivalente ó importe de 1,75 días por mes traballado. Este importe mensual figura no anexo I deste convenio.

Artigo 14º.-Validación da formación.

Os anos traballados con contrato de formación nunha empresa serán computables para efectos de duración da formación noutra da mesma especialidade, logo de certificación de aproveitamento que expedirá a empresa anterior, ou certificación de capacitación por un centro de formación profesional.

Artigo 15º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando o empresario queira facer uso do dereito concedido no artigo 52 c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa da extinción, tanto ó traballador ou ós traballadores afectados como á representación dos traballadores na empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executabilidade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de 4 días hábiles.

3. A empresa facilitará copia da memoria explicativa e da comunicación á central sindical que estimen oportuno, que deberá ser necesariamente unha das asinantes deste convenio colectivo. A central

sindical poderá, ó igual que no suposto previsto no parágrafo anterior, e sen prexuízo da eficacia e executabilidade do acordo extintivo empresarial, emitir informe motivado no prazo de 4 días hábiles sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada.

4. Dos informes ós que se fai referencia nos puntos 2 e 3 anteriores, darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, desístese de tal dereito.

5. O procedemento previsto neste artigo non suspenderá nin interrompirá os prazos previstos no artigo 53.1º.c.do Estatuto dos traballadores.

6. Esta cláusula considerarase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 16º.-Incorporación e protección á muller.

En consonancia co disposto na lexislación vixente en tal materia, Gestamp Vigo, comprométese ó exercicio dunha política activa que permita e potencie a plena incorporación da muller á empresa, garantindo o acceso dela ós distintos procesos de selección para a incorporación de traballadoras á planta, así como a súa equiparación, en canto a categoría e salario, respecto ós traballadores masculinos.

Recoñéceselle ás traballadoras o dereito ó respeto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte a ofensivas verbais ou físicas de natureza sexual.

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo poideran aumenta-lo risco de aborto ou malformación, a traballadora terá dereito a cambiar de posto de traballo que non implique risco para a saúde da nai ou do feto, tomando en consideración as posibilidades técnicas organizativas da empresa. Igualmente terá dereito a acumula-los períodos de descanso pre e posparto que legalmente lle corresponda.

Artigo 17º.-Pluriemprego.

A empresa non poderá contratar en réxime de pluriemprego ou xornada reducida a aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 18º.-Clasificación profesional.

Os traballadores/as que presten os seus servicios na empresa serán clasificados tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa, de acordo coas actividades profesionais que desenvolvan e coas definicións que se especifican neste sistema de clasificación profesional.

A clasificación realizarase, en divisións funcionais e grupos profesionais, por interpretación e aplicación de criterios xerais obxectivos e polas tarefas e funcións básicas máis representativas que desenvolvan os traballadores/as.

No caso de concorrencia nun posto de traballo de tarefas básicas correspondentes a diferentes niveis profesionais, a clasificación realizarase en función das actividades propias do nivel profesional superior. Este criterio de clasificación non suporá que se exclúa, nos postos de traballo de cada nivel profesional, a realización de tarefas complementarias, que sexan básicas para postos cualificados en niveis profesionais inferiores.

Artigo 19º.-Sistema de clasificación.

Tódolos traballadores/as afectados por este convenio serán adscritos a un determinado grupo profesional e a unha división funcional; a conxunción de ambos establecerá a clasificación organizativa de cada traballador/a. O desempeño das funcións que comporta a súa clasificación organizativa constitúe contido primario da relación contractual laboral, debendo ocupar calquer nivel dela, recibindo previamente, por parte da empresa, a formación adecuada ó novo posto e respectándose os procedementos de información e adaptación que se especifiquen neste convenio.

Artigo 20º.-Comisión paritaria para funcións específicas.

Acórdase constituír unha comisión técnica paritaria antes do final de 2003 e que resolverá no prazo de doce meses desde a súa constitución, integrada por tres representantes da empresa e tres do comité de empresa, co cometido de revisa-la clasificación profesional e valora-las funcións de cara á súa retribución (carretilleiros, multifuncións, xefes de equipo, mantemento, etc...), introducir complemento de rotación, incremento da nocturnidade, etc...

Capítulo IV

Mobilidade funcional e xeográfica

Artigo 21º.-Concepto e principios xerais.

Considérase mobilidade funcional calquera cambio de funcións e tarefas previamente encomendadas e realizadas polo traballador, dentro do centro do traballo ó que esté adscrito.

Un límite específico á aplicación da mobilidade funcional constitúeo a necesidade de titulación académica ou profesional, así como calquera outro permiso, licencia ou habilitación esixido pola lexislación para o exercicio dunha determinada profesión ou función.

Así tamén, en calquera suposto de mobilidade funcional que afectase a cambios de profesión, oficio ou especialidade e aínda cando para o seu desenvolvemento non fora preceptiva a habilitación mediante permiso, licencia ou título, senón que esta fose adquirida mediante a experiencia, farase preceptivo o acordo entre as partes.

En calquera dos supostos de mobilidade funcional a dirección da empresa deberá garantir, con carácter previo ó cambio, os coñecementos, habilidades ou reciclaxes necesarios, que faciliten ou habiliten os traballadores afectados coa suficiente adecuación e

aptitude para o desempeño das novas tarefas e funcións designadas.

A aplicación da mobilidade funcional farase salvagardando o principio xeral da boa fe contractual, así como o principio específico de igualdade e non discriminación nas relacións laborais.

Así mesmo a dita mobilidade producirase sen menoscabo da dignidade dos traballadores e sen prexuízo dos seus dereitos profesionais e económicos.

Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo sobrevidas ou de falta de adaptación nos orzamentos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

Sempre que sexa posible, a aplicación da mobilidade funcional farase respectando a voluntariedade dos traballadores.

Sendo a mobilidade funcional materia esencial das condicións de prestación do traballo, para a súa correcta aplicación faise necesaria en todo momento a participación dos representantes legais dos traballadores, nos termos que se indican neste convenio.

Artigo 22º.-Clases de mobilidade funcional.

A mobilidade funcional pode ser de tres clases:

1. Mobilidade funcional vertical. É aquela que ten lugar cando os trocos de funcións e tarefas traspasan os límites do grupo profesional de pertenza do traballador, pero non así a división funcional a que está adscrito.

Dentro desta clase de mobilidade hai dúas variantes:

-A mobilidade vertical ascendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas ó traballador corresponden a un grupo profesional de nivel superior, sen altera-la división funcional de pertenza.

-A mobilidade vertical descendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas corresponden a un grupo profesional de nivel inferior, sen altera-la división funcional de pertenza.

2. Mobilidade funcional horizontal. É aquela que implica o cambio de división funcional de adscrición previa do traballador.

3. Mobilidade funcional ordinaria. É aquela que tén lugar cando os trocos de funcións e tarefas se producen dentro dos límites de encadramento profesional do traballador, isto é, a súa pertenza a un grupo profesional e unha división funcional determinada.

Artigo 23º.-Mobilidade funcional vertical.

1. En caso de mobilidade funcional vertical ascendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tal as non

superiores a seis meses (salvo en caso de substitución por IT ou excedencia), a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de tarefas dun grupo profesional de nivel superior, dentro da mesma división funcional.

Sempre que a dirección da empresa teña necesidade de facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional notificaranse os trocos simultaneamente ós traballadores afectados e á súa representación legal.

Esta notificación, polo menos, deberán incluír:

-Unha descrición xustificativa das causas que motivan os ditos trocos.

-A identificacións dos traballadores afectados.

-Duración estimada da mobilidade.

Neste senso, a dirección da empresa terá en conta as opinións e suxestións da representación legal dos traballadores respecto ós trocos propostos.

Se o troco do grupo profesional comporta retribucións superiores, os traballadores afectados percibirán as do posto de destino.

No caso de que o troco do posto supere os seis meses nun ano ou os 8 meses en dous anos -salvo que estea fundado en motivos de substitución por IT, ou excedencia- o traballador poderá, por vontade propia, continuar realizando estes traballos ou voltar ó posto que ocupaba con anterioridade. No primeiro suposto ascenderá automaticamente.

En todo caso, sexa cal fose o tempo de duración da mobilidade e a causa que o xerou, recoñecerase e valorarase, para efectos de promoción profesional e nos termos que se acorde, o mérito que supón a ocupación de funcións de tarefas de grupos profesionais de nivel superior.

2. En caso de mobilidade funcional vertical descendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas xustificadas en razóns perentorias ou imprevisibles da actividade productiva- a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dun grupo profesional de nivel inferior.

A adscrición a este tipo de funcións e tarefas farase polo tempo imprescindible para a súa atención que, en todo caso, non terá que exceder dos tres meses. Transcorrido este período de tempo o traballador será reincorporado ó traballo de orixe.

Sempre que a dirección da empresa atope imprescindible facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional será necesario a comunicación coa representación legal dos traballadores.

Para iso, a dirección empresarial notificará a intención dos trocos simultaneamente ós traballadores afectados e á súa representación legal, nos mesmos

termos previstos no punto anterior. En todo caso, sempre se valorarán os tempos de permanencia nos postos correspondentes a grupos profesionais de nivel inferior para o caso de futuras necesidades deste tipo, establecendo un reparto equitativo entre os distintos traballadores cando xurda o requirimento deste tipo de mobilidade.

Os traballadores afectados por esta clase de mobilidade funcional percibirán as retribucións propias do posto e grupo profesional de orixe.

Artigo 24º.-Mobilidade funcional horizontal.

Por xustificadas razóns organizativas, técnicas ou productivas, a dirección da empresa poderá destina-los traballadores á realización de funcións ou tarefas dunha división funcional distinta á de pertenza previa, sen variación de grupo profesional.

Tratándose dunha modificación substancial das condicións de traballo (artigo 41 ET), sempre que a dirección da empresa atope e xustifique necesario facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional será preceptiva a comunicación á representación legal dos traballadores.

Para iso, a dirección empresarial notificará os trocos previstos simultaneamente ós traballadores afectados e á súa representación legal nos mesmos termos que figuran nos puntos anteriores.

Será, así mesmo, neste proceso de negociación e acordo onde se fixará o alcance temporal (indefinido ou limitado) dos trocos propostos e as consecuencias que iso entrañe.

Igualmente establecerase a reciclaxe ou formación necesaria e os períodos de adaptación ás novas funcións e tarefas.

En calquera caso, garantirase o mantemento das retribucións que as persoas afectadas viñeran percibindo nos seus anteriores postos, en caso de que estas fosen superiores ás do posto de destino. Se as retribucións do posto de destino foran superiores, os traballadores afectados percibirán as do novo posto.

No caso de que o troco de área funcional leve consigo un troco de grupo profesional (mobilidade vertical), para estes últimos rexerán ademais as normas previstas neste convenio para estes supostos.

Artigo 25º.-Mobilidade funcional ordinaria.

Aínda cando, dun modo xeral e aténdose ó previsto neste acordo, os casos de mobilidade funcional ordinaria non será necesaria e preceptivamente acordados coa representación legal dos traballadoressalvo no caso de que comporten algunha modificación substancial das condicións de traballo- se se fai necesario que a dita representación estea sempre puntualmente informada dos cambios, podendo intervir naqueles casos en que considere necesario facelo.

Unha excepción a iso constitúe a posibilidade de aplica-la mobilidade funcional ordinaria naqueles

casos en que os trocos propostos superen o precepto ó que indirectamente se refire o artigo 22.1º ET, cando define o concepto de categoría profesional equivalente. Isto é, cando os trocos de funcións e tarefas que comporte a aplicación da mobilidade funcional ordinaria exceda do concepto de equivalencia (cando a aptitude profesional necesaria para o desempeño das funcións propias dun posto permita desenvolve-las funcións básicas do segundo, logo de realización, se iso é necesario, de procesos simples de formación ou adaptación). En tal suposto, a aplicación da mobilidade funcional ordinaria estará suxeita á comunicación coa representación legal dos traballadores.

Artigo 26º.-Mobilidade xeográfica.

A mobilidade xeográfica, no ámbito deste convenio, afecta os seguintes casos:

a) Desprazamentos.

b) Traslados.

Artigo 27º.-Desprazamentos.

Enténdese por desprazamentos o destino temporal dun traballador a un lugar distinto do seu centro habitual de traballo.

A empresa poderá despraza-los seus traballadores atá o límite máximo dun ano.

A empresa designará libremente os traballadores que deban desprazarse, cando o destino non esixa pernoitar fóra de casa, ou cando existindo esta circunstancia non teña duración superior a tres meses.

Nos supostos que os desprazamentos esixan pernoitar fóra do domicilio e teña unha duración superior a tres meses, a empresa propoñerá o desprazamento ós traballadores que estimen idóneos para realiza-lo traballo e no suposto que por este procedemento non cubriran os postos previstos, procederá á súa designación obrigatoria entre os que reúnan as condicións de idoneidade profesional para ocupa-las prazas, observando as seguintes preferencias, para non ser desprazados:

a) Representantes legais dos traballadores.

b) Diminuídos físicos e psíquicos.

A empresa cando desexe realizar algún dos desprazamentos superiores a tres meses que obriguen ó traballador a pernoitar fóra do seu domicilio, deberán avisárllelo previamente ós afectados con, polo menos, cinco días laborais de antelación.

En calquera caso, os avisos previos deberán realizarse por escrito.

Nos desprazamentos superiores a tres meses que non permitan ó traballador pernoitar no seu domicilio, a empresa e os afectados convirán libremente as fórmulas para que os traballadores poidan regresar ós seus domicilios periodicamente, que poderán consistir na subvención das viaxes de ida e regreso en todos ou parte dos fíns de semana, adecuación as xornadas de traballo para facilitar periódicas visi

tas ó seu domicilio, concesións de permisos periódicos, subvención do desprazamento dos seus familiares, etc.

No suposto de non chegarse a acordo nesta materia, seguirase o disposto no artigo 40.4º do Estatuto dos traballadores, tendo dereito a un mínimo de 4 días laborais de estancia no seu domicilio de orixe por cada tres meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, os gastos dos cales correrán por conta do empresario.

Por acordo individual, poderá pactarse a acumulación destes días engadíndose, mesmo, ás vacacións anuais.

Nos supostos de desprazamento xerarase o dereito, ademais da totalidade das retribucións económicas que habitualmente viñesen percibindo, as axudas de custo e gastos de viaxe que proceda.

Se por necesidade ou comenencia da empresa tivese o traballador que desprazarse a presta-lo seu labor noutros centros de traballo, o tempo investido no desprazamento deberá caer dentro da xornada establecida.

Se como consecuencia do desplazamento tivese que iniciarse a viaxe antes de dar comezo á súa xornada, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez superada a hora oficial de remate da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso da xornada como horas extras.

Artigo 28º.-Traslados.

Considerarase como tal a adscrición definitiva dun traballador a un centro de traballo da empresa distinto daquel no que viña prestando os seus servicios, e requira troco na súa residencia habitual.

Por razóns económicas, técnicas, organizativas ou productivas que o xustifiquen, ou ben por contratación referida á actividade empresarial, a empresa poderá, de acordo co traballador, proceder ó traslado del a un centro de traballo distinto del con carácter definitivo.

No suposto de traslado, o traballador será avisado con, polo menos, 30 días de antelación por escrito.

Neste suposto devengaranse os gastos da viaxe do traballador e a súa familia, os gastos de traslado de mobles e enxoval, e cinco axudas de custo por cada persoa que viaxe dos que compoñan a familia e convivan co desprazado.

Capítulo V

Tempo de traballo

Artigo 29º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo, establecida preferentemente de luns a venres e o tempo de bocadillo contará como tempo efectivo de traballo.

Para este convenio as parte conveñen en que a xornada laboral anual se reducirá en catro horas,

quedando establecida, polo tanto, en 1.768 horas efectivas en cómputo anual como máximo para o 2003, e idéntica cantidade de horas para o 2004 e 2005.

Nos anos 2003, 2004 e 2005 consideraranse os días 24 e 31 de decembro non laborais, compensados como exceso de días do cómputo da xornada.

Durante a vixencia do convenio, os días que excedan da xornada anual, a empresa deberá acordar, antes do día 15 de xuño de cada ano, o seu desfrute nas datas que pacten cos representantes dos traballadores.

O traballador deberá atoparse en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo do seu centro de traballo, coa súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena ou outro sistema establecido.

Esta xornada normal será computada en consideración da iniciación do labor no posto de traballo e finalización desta, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento comité de empresa, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumentos de vendas, ou ben favoreza as necesidades estacionais da producción.

O comité e a empresa establecerá o número de días laborais de descanso correspondentes ós anos 2004 e 2005.

Artigo 30º.-Festivos.

Para os anos 2003, 2004 e 2005 establécense como máximo os días festivos que con carácter nacional e local fixe o calendario publicado no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Seguirase en todo momento o disposto pola autoridade laboral de Vigo.

Artigo 31º.-Horario de traballo.

A empresa expoñerá no centro de traballo o calendario laboral pactado, que deberá conte-lo horario de traballo diario, xornadas, días de descanso e festivos correspondentes a cada ano natural, sen perxuízo do establecido no artigo 29 para os días de exceso de xornada anual.

Artigo 32º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ininterrompidos, e desfrutaranse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Non obstante, se por causas coxunturais ou outras circunstancias a empresa se vise obrigada a paraliza-la producción, ben por avarías ou por falta de subministración de materias primas, orixinado todo iso por forza maior, a empresa poderá determina-la data do período de vacacións, logo de acordo cos representantes legais dos traballadores.

O calendario de vacacións fixarase na empresa con alomenos, dous meses de antelación ó seu desfrute e, en todo caso, sempre antes do día 15 de xuño, para coñecemento dos traballadores.

O aboamento delas realizarase ó seu inicio.

O aboamento das vacacións será a media obtida polo traballador en salarios, primas e antigüidade, nos tres meses anteriores traballados.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade temporal terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de acordo cos representantes legais dos traballadores.

Capítulo VI

Licencias, excedencias e xubilacións

Artigo 33º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e nos supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborais en caso de nacemento dun fillo.

c) Quince días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe e fillos.

c1) Cinco días naturais no suposto de falecemento de pais.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos.

e) Dous días naturais no caso de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancia que deberá ser xustificada de maneira que dea fe.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co do traballo se prescriba a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de caráter público ou persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, seguirase o que dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

i) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

j) Un día natural en caso de falecemento de tíos en grao de consanguinidade co traballador.

K) Aqueles traballadores que, con motivo de circunstancias académicas regradas, e sempre que sexa solicitado por eles coa suficiente antelación como para non afectar ó proceso productivo, terán dereito ó desfrute do tempo necesario para concorrer a exames.

No suposto c), se o traballador precisara desprazarse a unha distancia superior a 150 quilómetros, concederase un día natural máis.

Nos supostos d) e e), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra de Galicia, concederánselle dous días naturais máis.

No caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, as empresas deberán conceder un permiso sen retribuir ata un período de dez días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes atá 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

Todo o anteriormente exposto neste artigo será de aplicación para as parellas de feito fidedignamente acreditadas e inscritas no rexistro público correspondentes.

Artigo 34º.-Suspensión con reserva do posto de traballo.

A suspensión afectará, en aplicación ó punto 1 d) do ET, ós seguintes supostos:

Maternidade: risco durante o embarazo da muller traballadora e adopción ou acollida preadoptivo ou permanente de menores de 6 anos.

Será de aplicación o establecido no punto 4 do artigo 48 do ET para suspensións para nacementos, adopción e acollemento e o establecido no punto 5 do artigo 48 do ET para suspensións por riscos durante o embarazo. Neste caso, a empresa complementará ata o 100% da base reguladora da prestación.

Artigo 35º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

a) Permiso por lactancia dun fillo menor de nove meses.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou pai no caso de que ambos traballen.

b) Reducción da xornada por garda legal de menores e outros supostos:

En aplicación do artigo 37.5º do ET, quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, dun tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade que poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada contemplada neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultaneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do período de lactación e da redución da xornada previstos nos parágrafos anteriores corresponderá ó traballador/a, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisa-lo empresario con 15 días de antelación a data en que se reincorpará á súa xornada ordinaria.

Artigo 36º.-Excedencia por coidado de fillos e familiares.

Os traballadores/as cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano, terán dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito non poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador/a se trascorreron catro anos da anterior excedencia.

Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto en canto non sexa por natureza, como por adopcion, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, a contar desde data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a un ano, os traballadores/as para atender un coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retributiva.

Esta excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dera dereito a un novo período de excedencia, o inicio dela dará fín ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período no que o traballador permaneza na situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo.

Artigo 37º.-Excedencias.

1. Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

2. Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antiguidade na empresa de alomenos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de antelación como mínimo á data que se solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de finalización do desfrute da excedencia. A notificación será por escrito e a empresa estará obrigada a xustificar recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o tarballador nun posto de igual ou similar categoría.

Artigo 38º.-Xubilación.

Ó abeiro do artigo 166.2º da Lei da Seguridade Social e do artigo 12.6º do ET, reconóceselles ós traballadores/as o dereito subxectivo de solicitar da empresa a xubilación parcial e a reducción da xornada no límite máximo legalmente previsto do 85% cando reúnan os requisitos legalmente establecidos e, en especial, o da idade, que non poderá ser inferior ós 60 anos.

A solicitude deberáse remitir á empresa cunha antelación mínima de 3 meses á data prevista de xubilación parcial, salvo no caso do persoal encadrado nos grupos I, II, III e IV do convenio nos que o aviso previo será de 6 meses. A empresa estudiará a solicitude de boa fe coa vista posta nun acordo coa parte solicitante e, en todo caso, dará resposta nun prazo máximo de 30 días. Nos casos de discrepancias entre as partes remitirase á comisión paritaria que resolverá no ámbito das súas funcións e no prazo máximo de 30 días.

O 15% da xornada que corresponde de traballo efectivo acumularase nos meses inmediatamente seguintes á xubilación parcial e a xornada completa aínda cando a empresa poderá optar por retribuír sen esixir a cambio a prestación efectiva de servicios

e sen prexuízo da aplicación da seguinte escala de bonificacións:

1. Con trinta anos ou máis traballados, recoñéceselle unha dispensa absoluta do traballo.

2. Con vinte anos traballados e ata trinta, recoñéceselle unha dispensa do 75% do traballo.

3. Con dez anos traballados e ata vinte, recoñéceselle unha dispensa do 50% do traballo.

4. Todo isto sen prexuízo do acordo ó que poidan chegar o traballor/a e a empresa.

5. Ata que o traballador/a xubilados parcialmente chegue á idade ordinaria de xubilación á empresa deberá manter un contrato de relevo nos termos previstos no artigo 12.6º do ET.

Artigo 39º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e independentemente do previsto no artigo anterior, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, salvo pacto individual en contrario dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene, saúde laboral

Artigo 40º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Para a designación dos servicios de prevención, delegados de prevención e comité de seguridade e saúde, seguirase o que para tal efecto dispón a Lei 31/1995, do 8 de novembro.

A elección dos delegados de prevención poderase facer de entre os/as traballadores/as gozando das mesmas garantías que se estivesen no comité, incluído o crédito horario.

Nos casos de subcontratación a empresa deberá establecer baixo a súa responsabilidade, nos centros de traballo nos que presten servicios traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados para a prevención de riscos e información sobre os mesmos en xeral, a canto se relacione coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 41º.-Recoñecementos.

A empresa estará obrigada a realizar un recoñecemento médico anual como mínimo para todo o persoal, dentro da xornada laboral.

O recoñecemento consistirá, como mínimo, en audiometría, control de vista, análises de sangue e urina, espiriometría e exploración clínica que deberá facerse nos nove primeiros meses do ano. Faranse protocolos específicos por departamentos e seccións. A partir do ano 2004 incluiranse exploracións xinecolóxicas de carácter voluntario. Os traballadores que desexen trasladarse ás dependencias dos centros asistenciais deberán comunicalo á empresa. O día de recoñecemento médico contará como un día de licencia retribuída.

Este recoñecemento médico será realizado polo Gabinete Técnico Provincial, Servicio Social de hixiene e Seguridade no Traballo de Rande ou outro Centro Asistencial similar.

Artigo 42º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal da adecuada roupa de traballo.

O persoal percibirá dous equipos completos de protección individual cada ano, e se fose necesario, logo de xustificación, seralle proporcionado un terceiro. Os indicados dous equipos serán entregados dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural e tamén ó inicio dunha contratación.

Proverase de roupa e calzado impermeable o persoal que teña que realizar labores continuos á intemperie en réxime de choivas frecuentes, así como tamén os que tivesen que actuar en lugares notablemente encharcados ou lamacentos. En contacto con ácidos dotarase o traballador de roupa adecuada.

Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, o empresario terá que proporcionarlle unhas, sempre que en razón ó traballo que realice sufriran deterioración.

Se o traballador necesitara cristais correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica ou outras que poidan ser superpostas ás graduadas do propio interesado.

Cando a índole nociva da actividade dos traballadores así o requira, cumpriranse estrictamente as esixencias que ó respecto determina a ordenanza laboral de seguridade e hixiene (artigos 141 ó 151) e a Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 43º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Capítulo VIII

Percepcións económicas (concepto, estructura, compensacións e indemnizacións)

Artigo 44º.-Salarios.

O incremento salarial será sobre tódolos conceptos retributivos.

Os salarios para o ano 2003 son os reflectidos no anexo I deste convenio, que inclúen o incremento salarial e incremento do complemento de transporte. Para as primas e calquera outro concepto contemplado nel o incremento será do 4%.

Para o ano 2004 o salario base incrementarase linealmente en tódalas categorías segundo o IPC previsto o 31 de decembro do dito ano mais o 2%.

Para o ano 2005 o salario base incrementarase linealmente en tódalas categorías segundo o IPC previsto o 31 de decembro do dito ano mais o 2%.

O incremento lineal dos anos 2004 e 2005 será calculado sobre o total da masa salarial da empresa do ano anterior.

Os complementos e cantidades que figuran no salario como antigüidade consolidada e non absorvible terán no futuro o mesmo incremento que se pacte para o salario base.

Respetaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

Artigo 45º.-Revisión salarial.

a) Revisión salarial ano 2003.

Se o 31 de decembro do 2003 o IPC do dito ano superase o 2%, efectuarase unha revisión salarial, tan pronto se constate tal circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Esta cantidade aplicarase con carácter retroactivo desde o mes en que supere a dita porcentaxe. Tal incremento servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano 2004.

b) Revisión salarial ano 2004 e 2005.

Mentres non se coñeza o IPC de 2004 e 2005, aplicarase un aumento salarial, tomando como base o IPC previsto polo Goberno. Unha vez publicado o IPC real de 2004 e 2005 polo INE, procederase a facer a regularización das diferencias que correspondan, con efectos desde o mes en que supere a dita porcentaxe. Tal incremento servirá como base de cálculo para a negociación dos salarios do ano seguinte.

Artigo 46º.-Percepcións económicas: concepto.

1. Considerarase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou especies, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa o xeito de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo.

2. Non terán consideración de salario as cantidades percibidas polo traballador en concepto de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións da Seguridade Social, os complementos a estas prestacións e indemnizacións da Seguridade Social que aboe a empresa como consecuencia de pacto en convenio, contrato individual, traslados, suspensións, cesamentos e despedimentos.

Artigo 47º.-Percepcións económicas: estructura.

1. As remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio estarán constituídas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

2. Retribucións salariais:

a) Salario base: é a parte da retribución do traballador fixada con carácter básico por unidade de tempo.

b) Complementos persoais: son aqueles que se derivan das condicións persoais do traballador e que fosen valoradas o fixa-lo salario base, tales como antiguidade, idiomas, etc.

c) Complemento de posto de traballo: son aquelas cantidades que leva percibido o traballador en razón das características do posto de traballo ou do xeito de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta do traballo corrente, tales como nocturnidade, tóxicos, penosos, etc.

Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que non teñen carácter consolidable.

d) Complemento por calidade ou por cantidade de traballo: son os que retribúen unha maior cantidade de traballo, tales como primas, incentivos, etc. A súa percepción estará condicionada en calquera caso ó cumprimento efectivo do módulo de cálculo e non terá carácter consolidable. Salvo pacto ou convenio en contrario.

e) Complementos de vencemento periódico superior ó mes: existirán duas pagas extraordinarias de devengo semestral, que se aboarán unha en xullo e outra en decembro.

O importe das gratificacións extraordinarias para o persoal que, en razóns da súa permanencia na empresa, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado segundo as normas seguintes:

1. O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural, devengará a gratificación en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante o semestre correspondente.

2. O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida a tempo parcial, devengará gratificacións extraordinarias no importe correspondente ó tempo efectivamente traballado.

f) Melloras voluntarias: o réxime das melloras voluntarias rexerase polo prevido en pacto individual ou no acto de concesión unilateral do empresario.

3. Percepcións extrasalariais: terán carácter extrasalarial as percepcións calquera que sexa a súa forma, que non responda a unha retribución unida directamente, mediante vínculo casual, co traballo prestado. En todo caso terán este carácter os conceptos seguintes:

-Os capitais asegurados derivados de pólizas de vida ou accidente.

-As prestacións e seus complementos e indemnizacións da Seguridade Social.

-As indemnizacións ou suplidos por gastos que fosen realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe e locomoción, complementos de transporte e distancia, e aquelas de aluger ou custo de vivenda que viñesen precibindo os traballadores.

-As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Os complementos de salarios terán a consideración que as partes lle outorgen, e no suposto de dúbida, no que mellor se adapte á súa natureza dentro dos tipos sinalados no punto 2, e sen que en ningún caso se poida cualificar como salario base.

5. A empresa mediante acordo cos representantes dos traballadores, incluídas no ámbito de aplicación do presente acordo poderán establecer sistemas de aboamento do salario anual de xeito rateado en 12 mensualidades.

Artigo 48º.-Táboa salarial.

Establécese unha táboa de percepcións económicas mínimas garantidas pola xornada laboral ordinaria que será, para cada traballador, a que corresponda á súa categoría profesional ou nivel salarial, sen discriminación ningunha por razón de sexo, e que se conten no anexo I deste convenio.

Artigo 49º.-Devengo do salario.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais polos importes que, para cada categoría ou nivel figuren na táboa salarial.

2. Os complementos salariais do convenio devengaranse por tódolos días efectivamente traballados polos importes que, para cada categoría ou nivel se fixen na táboa de percepcións económicas.

3. Os complementos extrasalariais do convenio devengaranse por tódolos días de asistencia ó traballo polos importes que, para cada categoría ou nivel na táboa de percepcións económicas.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais da seguinte maneira:

a) Paga de xullo: 1 de xaneiro a 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: 1 de xullo a 30 de decembro.

5. Nas táboas de percepcións económicas farase figurar para cada categoría ou nivel o salario anual correspondente.

Artigo 50º.-Pagamento do salario.

A liquidación mensual das retribucións determinarase atendendo a mensualidades de 30 días para todo o persoal tanto de taller como de oficina.

Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días naturais do mes seguinte ó seu devengo, aínda que o

traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos nos cales a contía non será superior ó 80% das cantidades devengadas.

A empresa queda facultada para paga-las retribucións e anticipos á conta deles, mediante cheque, trasferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira.

No caso de que a empresa opte pola modalidade de pagamento mediante cheque bancario, farase figurar no mesmo que é cheque nómina, e cando se pague por trasferencia reflectirase en nómina bancaria: nómina domiciliada.

O traballador deberá facilitar á empresa, ó tempo do seu ingreso ou incorporación á mesma o seu número de identificación fiscal NIF, de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 51º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.

Tódolos traballadores que por necesidade da industria e por orde do empresario teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impida realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

Ano 2003:

-Axuda de custos completa: 30,58 euros día.

-Media axuda de custos: 12,03 euros día.

Ano 2004 e 2005:

Os importes arriba sinalados terán un incremento igual para os ditos anos, ó que experimente o salario base.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación do traballador.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e a requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle, durante o ano 2003 a cantidade de 0,23 euros por quilómetro. Para os anos 2004 e 2005 terá un incremento igual ó que experimente o salario base.

Artigo 52º.-Complemento xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais ou de oficio que efectuando traballo manual asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc. En número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes a persoal de superior categoría que a súa. Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle a súa retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría quede aquela superada.

O 20% figurará como concepto en nómina como complemento de xefe de equipo.

O complemento que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría profesional ou nivel salarial, a non ser que fose tido en conta dentro do factor mando na valoración do posto de traballo.

Artigo 53º.-Complemento de axuda escolar.

Aqueles traballadores/as con fillos/as en idade escolar percibirán unha vez ó ano, incorporado á nómina correspondente ó mes de outubro e logo de xustificación documental de tal extremo, as cantidades que se detallan a continuación:

-Fillos en idade escolar: 60 euros por fillo.

-Fillos na universidade: 160 euros por fillo.

Artigo 54º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de complemento de transporte, a cantidade de tres con corenta e catro euros (3.44 euros).

Anos 2003, 2004 e 2005:

Durante a vixencia deste convenio os incrementos correspondentes a este concepto engadiranse a salario base.

Artigo 55º.-Fomento á natalidade.

Gratificarase cun pagamento único de 60 euros por nacemento de fillo/a.

Artigo 56º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as pagas extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e Nadal na contía cada unha delas, de 30 días de salario base, complementos, mais antigüidade consolidada, se é o caso, calculadas sobre as táboas anexas.

Estas gratificacións serán concedidas na proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorgen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 10 e 25 de xullo. Polo que respecta á do segundo semestre será aboada entre o 10 e o 20 de decembro.

Artigo 57º.-Baixas por enfermidade ou accidente.

A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral complementarase ó cento por cento desde o primeiro día de baixa.

En caso de hospitalización o traballador percibirá o cento por cento do salario desde o primeiro día.

Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e fidedignamente ante a súa empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 58º.-Traballo nocturno.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22.00 horas e as 6.00 horas da maná.

Os traballadores que teñan dereito a percibir suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 25% sobre o salario base que figura na táboa anexa I. Esta bonificación comprenderá, así mesmo as partes correspondentes a festivos e fins de semana en que o traballador realizara o traballo nocturno. Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en concepto de horas extras e traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, lles corresponda.

Artigo 59º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes do presente convenio, acordan a comenencia de reducir ó mínimo indispensables as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como no risco de perda de materias primas: realización.

c) Horas extraordinarias extructurais: mantenemento. Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos de punta de producción, pedidos imprevistos ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade da que se trate, o mantemento. Todo iso, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e os criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e a natureza das horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do Estatuto dos traballadores rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

Establécese como valor mínimo das horas extraordinarias para cada categoría profesional ou nivel salarial o establecido no anexo II deste convenio.

En todo caso, para aqueles traballadores que teñan complemento de antigüidade consolidado, aplicarase a fórmula seguinte:

P (S + C.A.)

HE = x 1,75

H

HE = valor hora extra.

P = número de pagas ó ano.

S = salario convenio mes.

C.A.C. = complemento de antigüidade consolidado.

H = número de horas efectivas de traballo ano.

As horas extraordinarias que se traballen de 10 da noite á 6 da mañá aboaranse cun 25% de recarga.

Capítulo IX

Organización do traballo

Artigo 60º.-Definición e principios xerais.

A organización do traballo, de acordo co previsto neste convenio, corresponde ó empresario, quen a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control do traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

No suposto que se delegasen facultades directivas, esta delegación farase de xeito expreso, de maneira que sexa dabondo coñecida, tanto polos que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan por si mesmas o carácter de estables deberán ser comunicadas expresamente a tódolos afectados e dotados de suficiente publicidade.

A organización do traballo ten por obxecto acadar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima utilización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo é necesario a mutua colaboración das partes integrantes da empresa: dirección e traballadores.

A representación legal dos traballadores velará porque o exercicio das facultades antes aludidas non se conculque a lexislación vixente.

Artigo 61º.-Productividade.

Os salarios fixados neste convenio corresponden a un rendemento no traballo de 60 puntos de Bedaux e/o equivalente nos restantes sistemas de remuneración e incentivos que puideran implantarse na empresa. Naqueles casos nos que non se adoptasen sistemas de remuneración con incentivos, entenderase como rendemento normal para efectos da retribución do traballador a dun operario de capacidade normal.

Capítulo X

Disposicións varias

Artigo 62º.-Seguro colectivo.

A empresa deberá concertar seguros colectivos de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, durante a vixencia do presente convenio, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 24.040 euros.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente, absoluta ou grande invalidez: 36.060 euros.

A repercusión na cobertura da póliza pola diferencia do incremento que se produce entenderase con efectos a partir de 30 días despois da sinatura

do presente convenio. O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios das empresas.

Capítulo XI

Código de conducta laboral

Artigo 63º.-Código de conducta.

O presente acordo sobre código de conducta laboral ten por obxecto o mantemento dun ambiente laboral respectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses de traballadores e empresarios.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores que supoñan un incumprimento contratual dos seus deberes laborais, de acordo coa graduación das faltas que se establece nos artigos seguintes.

Corresponde á empresa, no uso da facultade dirección, impoñer sancións nos termos estipulados no presente acordo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron. Ó mesmo tempo a empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o cumprimento temporal dela poderase dilatar ata 60 días despois da data da súa imposición.

Artigo 64º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en atención á súa trascendencia ou intención en: leve, grave e moi grave.

Artigo 65º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

b) A inasistencia non xustificada dun día ó traballo no período dun mes.

c) Non notificar con carácter previo, ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes, a inasistencia ó traballo, salvo que se probe a imposibilidade de podelo facer.

d) O abandono do servicio ou do posto de traballo sen causa xustificada por periodos breves de tempo, se como consecuencia diso se ocasionase prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

e) As deterioracións leves na conservación ou no mantemento das equipos e material de traballo dos que se fose responsable.

f) A desatención ou falta de correción no trato cos clientes ou provedores da empresa.

g) Non comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes puidesen ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo á empresa.

h) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador/a que teña incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

i) Todas aquelas faltas que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non comporten prexuízos ou riscos para as persoas ou as cousas.

j) A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

k) Discutir cos compañeiros, cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

Artigo 66º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou saída do traballo en máis de tres ocasións nun período dun mes.

b) A inasistencia non xustificada ó traballo de dous a catro días, durante o período dun mes. Bastará unha soa falta cando esta afectara ó relevo dun compañeiro ou se como consecuencia da inasistencia se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

d) Entregarse a xogos ou distracción de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando, con iso, un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia ás ordes ou mandatos das persoas das que se depende organicamente no exercicio regular das súas funcións, sempre que iso ocasione ou teña unha transcendencia grave para as persoas ou as cousas.

f) A falta de aseo ou limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente tivese mediado a oportuna advertencia por parte da empresa.

g) Suplantar a outro traballador, alterando rexistros ou controis de entrada ou saída do traballo.

h) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha del, sempre que diso non se derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

i) A realización sen consentimento previo da empresa de traballos particulares, durante a xornada de traballo, así como o emprego para usos propios ou alleos dos útiles, ferramentas, maquinaria ou vehículos da empresa, mesmo fóra da xornada de traballo.

j) A reincidencia na comisión de falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado sanción.

k) Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou dignidade das persoas.

l) A embriaguez ou estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

Artigo 67º.-Faltas moi graves.

Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou saída do traballo en máis de dez ocasións durante o período dun mes ou máis de vinte nun ano.

b) A inasistencia ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós compañeiros de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral, cando atopándose en baixa o traballador por calquera das causas sinaladas, realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación efectuadada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada aínda por breve tempo, se a consecuencia del se ocasionase un prexuízo considerable á empresa ou ós compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

f) A habitualidade na embriaguez ou estado derivado do consumo de drogas, se supón alteración nas faculatades físicas ou psicolóxicas do desempeño das funcións.

g) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialiade da empresa.

h) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

j) Os malos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós seus superiores ou ós familiares destes, así como ós seus compañeiros de traballo, provedores e clientes da empresa.

k) A reincidencia en falta grave aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

l) A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio á empresa ou ós seus compañeiros de traballo, salvo que sexan debidos a abuso de autoridade.

Terán a consideración de abuso de autoridade, os actos realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada ós preceptos legais, e con prexuízo para o traballador.

m) Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables por súa situación persoal ou laboral.

Artigo 68º.-Réxime de sancións. Sancións.

As sancións máximas que poderán impoñerse pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

-Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de 2 a 20 días.

c) Por faltas moi graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de 21 a 60 días.

-Despedimento.

Artigo 69º.-Prescrición.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

-Faltas leves: 10 días.

-Faltas graves: 20 días.

-Faltas moi graves: 60 días.

A prescrición das faltas sinaladas comezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso ós seis meses de se teren cometido.

Capítulo XII

Dereitos sindicais, formación

Artigo 70º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

A empresa dará conta das novas contratacións que realicen ós representantes legais dos traballadores.

A empresa está obrigada a ter un taboleiro de anuncios para inserción de propaganda sindical. En canto á inserción dela seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores.

As horas establecidas para os compoñentes do comité de empresa e delegados sindicais poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do comité sempre e cando se indique a dirección da empresa a distribución delas.

Dentro das formalidades previstas no artigo 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderá dispoñer dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores: 15 horas.

-De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

-De 251 a 500 traballadores: 30 horas.

-De 501 a 750 traballadores: 35 horas.

-De 751 traballadores en diante: 40 horas.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais, que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

A comunicación establecida no artigo 67 por comisión de faltas graves ou moi graves realizarase, tamén, á central sindical a que pertenza o traballador, sempre que a empresa teña constancia fidedigna da súa pertenza e que a dita central sindical teña representación na empresa e sexa unha das asinantes deste convenio.

Asembleas.

Tense dereito a dúas horas anuais para facer asembleas por petición do comité ou sindicato asinante do convenio, no resto ó que se refire a esta materia, estarase suxeito ó que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito a reunión. A comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de antelación.

A empresa, por petición do comité de empresa ou sindicato asinante do convenio, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes, dentro da xornada de traballo, a excepción das dúas horas a que se refire o parágrafo anterior.

Artigo 71º.-Formación.

Cada traballador poderá asistir ós cursos de formación xeral por el decididos. Logo de xustificación da súa matrícula a empresa facilitará, na medida do posible, as quendas de traballo máis adecuados para a realización dos ditos estudios.

Artigo 72º.-Formación profesional.

Ós traballadores que participen na formación continua teráselle en conta esta para efectos de promoción interna e ó acceso a categorías superiores.

Capítulo XIII

Comisión paritaria, lexislación subsidiaria

Artigo 73º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Esta comisión estará integrada polos membros designados polas partes asinantes deste convenio, nun número máximo de 3 por cada unha delas e terá como funcións, áparte da interpretación, vixilancia e aplicación do convenio, a conciliación, mediación e arbitraxe nos conflictos e cuestións que poidan suscitarse na aplicación e desenvolvemento del.

A comisión mixta paritaria xuntarase con carácter ordinario a primeira quincena de cada trimestre a partir da sinatura do convenio, e con carácter extraordinario a petición de calquera das partes, e logo de convocatoria do presidente dela nun prazo máximo de 72 horas.

Artigo 74º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio seguirase o previsto no Estatuto dos traballadores, na Resolución do 13 de maio do 1997, Acordo sobre cobertura de valeiros, así como disposicións legais vixentes ou que poidan promulgarse durante a vixencia do convenio.

Disposicións adicionais

Primeira.-A data tope para o aboamento dos atrasos salariais será o 30 de xullo.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio forón:

Pola representación empresarial:

A dirección da empresa.

Pola representación dos traballadores:

Comité de empresa.

CIG: Federación do Metal.

Terceira.-O idioma dun pobo constitue unha das súas sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis preciados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, e é a nosa obriga coidala e potenciala.

Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega, como lingua propia de Galicia, e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo.

No seo da empresa a dirección e os representantes dos traballadores e traballadoras fomentarán o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións.

Disposicións transitorias

Primeira.-Para a resolución pacífica dos conflictos laborais as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no Acordo Interprofesional Galego sobre

Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos Colectivos de Traballo (AGA) asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CIG.

Segunda.-De conformidade co artigo 11 da LOLS a comisión paritaria estudiaría a aplicación dun canon de negociación colectiva a tódolos traballadores no ámbito deste convenio.

ANEXO I

Salarios 2003

Grupos profesionaisSalario base mesSalario anoCompensación

eventualidade

mes traballado

Grupo 1

Enxeñeiros e licenciados1.654,01 A23.156,13 A112,56 A

Grupo 2

Perito con responsabilidade1.499,32 A20.990,48 A102,04 A

Enxeñeiros e técnicos industriais1.499,32 A20.990,48 A102,04 A

Xefe de 1ª técnico laboratorio1.275,34 A17.854,69 A86,79 A

Xefe de taller1.315,34 A18.414,69 A89,52 A

Xefe de 1ª organización1.275,34 A17.854,69 A86,79 A

Xefe de 1ª administrativo1.275,34 A17.854,69 A86,79 A

Grupo 3

Delineante proxectista1.155,05 A16.170,68 A78,61 A

Xefe de 2ª organización1.155,05 A16.170,68 A78,61 A

Xefe de 2ª 1.155,05 A16.170,68 A78,61 A

Graduado social1.155,05 A16.170,68 A78,61 A

Mestres industriais1.156,63 A16.192,84 A78,72 A

Mestre taller1.156,63 A16.192,84 A78,72 A

Contramestre1.156,63 A16.192,84 A78,72 A

Xefe de 2ª técnico laboratorio1.116,63 A15.632,84 A75,99 A

Grupo 4

Encargado1.050,27 A14.703,79 A71,48 A

Analista de primeira1.010,27 A14.143,79 A68,75 A

Técnico de organización de 1ª1.010,27 A14.143,79 A68,75 A

Oficial de 1ª administrativo1.010,27 A14.143,79 A68,75 A

Viaxante993,08 A13.903,11 A67,58 A

Delineante de primeira993,08 A13.903,11 A67,58 A

Practicantes993,08 A13.903,11 A67,58 A

Grupo 5

Oficial de primeira975,61 A13.658,52 A66,40 A

Oficial de segunda975,61 A13.658,52 A66,40 A

Técnico de organización de 2ª935,61 A13.098,52 A63,67 A

Oficial de 2ª administrativo935,61 A13.098,52 A63,67 A

Delineante de 2ª886,31 A12.408,38 A60,32 A

Analista de 2ª886,31 A12.408,38 A60,32 A

Chofer camión886,31 A12.408,38 A60,32 A

Capataz de especialistas926,31 A12.968,38 A63,04 A

Grupo 6

Oficial de 3ª901,20 A12.616,76 A61,33 A

Chofer turismo861,20 A12.056,76 A58,61 A

Listeiro861,20 A12.056,76 A58,61 A

Especialista878,06 A12.292,80 A59,76 A

Capataz de peóns ordinarios878,06 A12.292,80 A59,76 A

Almaceneiro878,06 A12.292,80 A59,76 A

Pesador de báscula861,34 A12.058,82 A58,62 A

Chofer motociclo821,34 A11.498,82 A55,90 A

Auxiliar de laboratorio821,34 A11.498,82 A55,90 A

Auxiliar técnico de oficina821,34 A11.498,82 A55,90 A

Auxiliar de organización821,34 A11.498,82 A55,90 A

Auxiliar administrativo821,34 A11.498,82 A55,90 A

Grupo 7

Peón840,06 A11.760,77 A57,17 A

Vixilante800,06 A11.200,77 A54,45 A

Porteiro e ordenanza800,06 A11.200,77 A54,45 A

ANEXO II

Valor da hora extraordinaria 2003

Grupos profesionaisNormaisFestivasNocturnasNoct. festivas

Grupo 1

Exeñeiros e licenciados22,92 A28,65 A28,65 A35,81 A

Grupo 2

Perito con responsabilidade20,78 A25,97 A25,97 A32,46 A

Enxeñeiros e técnicos industriais20,78 A25,97 A25,97 A32,46 A

Xefe de 1ª técnico laboratorio17,67 A22,09 A22,09 A27,61 A

Xefe de taller18,23 A22,78 A22,78 A28,48 A

Xefe de 1ª organización17,67 A22,09 A22,09 A27,61 A

Xefe de 1ª administrativo17,67 A22,09 A22,09 A27,61 A

Grupo 3

Delineante proxectista16,01 A20,01 A20,01 A25,01 A

Xefe de 2ª organización16,01 A20,01 A20,01 A25,01 A

Xefe de 2ª16,01 A20,01 A20,01 A25,01 A

Graduado sociais16,01 A20,01 A20,01 A25,01 A

Mestres industriais16,03 A20,03 A20,03 A25,04 A

Mestre taller16,03 A20,03 A20,03 A25,04 A

Contramestre16,03 A20,03 A20,03 A25,04 A

Xefe de 2ª técnico laboratorio15,47 A19,34 A19,34 A24,18 A

Grupo 4

Encargado14,55 A18,19 A18,19 A22,74 A

Analista de primeira14,00 A17,50 A17,50 A21,87 A

Técnico de organización de 1ª14,00 A17,50 A17,50 A21,87 A

Oficial de 1ª administrativo14,00 A17,50 A17,50 A21,87 A

Viaxante13,76 A17,20 A17,20 A21,50 A

Delineante de primeira13,76 A17,20 A17,20 A21,50 A

Practicantes13,76 A17,20 A17,20 A21,50 A

Grupo 5

Oficial de primeira13,52 A16,90 A16,90 A21,12 A

Oficial de segunda13,52 A16,90 A16,90 A21,12 A

Técnico de organización de 2ª12,97 A16,21 A16,21 A20,26 A

Oficial de 2ª administrativo12,97 A16,21 A16,21 A20,26 A

Delineante de 2ª12,28 A15,35 A15,35 A19,19 A

Analista de 2ª12,28 A15,35 A15,35 A19,19 A

Chofer camión12,28 A15,35 A15,35 A19,19 A

Capataz de especialistas12,84 A16,05 A16,05 A20,06 A

Grupo 6

Oficial de 3ª12,49 A15,61 A15,61 A19,51 A

Chofer turismo11,93 A14,92 A14,92 A18,65 A

Listeiro11,93 A14,92 A14,92 A18,65 A

Especialista12,17 A15,21 A15,21 A19,01 A

Capataz de peóns ordinarios12,17 A15,21 A15,21 A19,01 A

Almaceneiro12,17 A15,21 A15,21 A19,01 A

Pesador de báscula11,94 A14,92 A14,92 A18,65 A

Chofer motociclo11,38 A14,23 A14,23 A17,78 A

Auxiliar de laboratorio11,38 A14,23 A14,23 A17,78 A

Auxiliar técnico de oficina11,38 A14,23 A14,23 A17,78 A

Auxiliar de organización11,38 A14,23 A14,23 A17,78 A

Auxiliar administrativo11,38 A14,23 A14,23 A17,78 A

Grupo 7

Peón11,64 A14,55 A14,55 A18,19 A

Vixilante11,09 A13,86 A13,86 A17,32 A

Porteiro e ordenanza11,09 A13,86 A13,86 A17,32 A