Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía do 26 de setembro de 2003, aprobouse o proxecto, o gasto plurianual, o expediente de contratación e o prego de condicións que rexerán a contratación da obra de construcción dun mercado municipal na vila de Rianxo.

A través deste anuncio exponse ó público o prego de condicións para que durante o prazo de oito días naturais, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas.

Ó mesmo tempo, para o caso de que non se presenten, convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicataria: Concello de Rianxo.

2. Proxecto: construcción do mercado municipal.

3. Orzamento base de licitación: 840.000,01 A (IVE incluído). Este proxecto é plurianual e o financiamento queda distribuído da seguinte forma:

2003: 150.000 A.

2004: 345.000 A.

2005: 345.000,01 A.

4. Prazo de execución: 18 mensualidades efectivas repartidas en cada unha das tres anualidades. Para esta primeira anualidade deberanse executar unidades de obra por contía de 150.000 A (IVE incluído) en versión de prezo de execución por contrata antes do día 10 de novembro de 2003.

5. Clasificación: grupo C, subgrupos 1, 2 e 3, categoría C.

6. Tramitación: procedemento aberto, concurso urxente.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Rianxo de 9.00 a 14.00 horas.

Copias da documentación: ARQO.

8. Lugar e prazo de presentación de ofertas: rexistro xeral do concello de 9.00 a 14.00 horas, dentro dos 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

9. Garantía:

a) Provisional: 2% prezo licitación.

b) Definitiva: 4% prezo de adxudicación.

10. Apertura ofertas: 2º día hábil seguinte ó do final do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas.

11. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicacións e dirección de obra.

12. Revisión de prezos: non cabe.

13. Control de calidade: de acordo coas indicacións do director de obra.

Rianxo, 29 de setembro de 2003.

María Resúa Quintáns

Alcaldesa-acctal.