Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

ANUNCIO.

Sometido a coñecemento do Pleno desta corporación municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de setembro de 2003, o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de conformidade co establecido no artigo 84.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que con

sideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que xulguen procedentes.

O Páramo, 26 de setembro de 2003.

Gumersindo A. Rodríguez Liz

Alcalde-presidente