Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 31-7-2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle formulado para a agregación de predios e concreción das condicións estéticas e de composición da edificación, na praciña do Colexio números 2 e 3, promovido pola sociedade Círculo de las Artes.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou sexestións que se desexen.

Lugo, 1 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área