Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Cervo, en sesión do 30 de xullo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización travesía rúa dos Campos-rúa Manuel Antonio, San Cibrao (Cervo) sendo redactora a arquitecta Patricia Vázquez Mille.

2. Estimar necesaria a realización da obra de urbanización da travesía rúa dos Campos-rúa Manuel Antonio, San Cibrao (Cervo), considerando implícita a declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación dos inmobles dos cales a relación figura no proxecto.

3. Publica-lo presente acordo de aprobación definitiva no prazo dun mes desde a súa adopción no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP.

4. Dar traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaria do concello, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación.

Conra o nomeado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recuros de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo de interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, ou noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Cervo, 21 de agosto de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde