Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.444

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 21 de agosto de 2003, da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona, de citación para notificación por comparecencia. (Referencia 03.2.1.11.005).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou os seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria cítanse os ditos interesados, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na unidade de recadación para débedas de menor contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT en Barcelona, para poderen ser notificados regulamentariamente.

En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 21 de agosto de 2003.

Silvia Serra Guerrero

Xefa adxunta da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona

Nome: Martínez Quesada, María Magdalena.

NIF: 43422146-D.

Procedemento: inicio procedemento constrinximento.

Referencia: C1100003320039382.

Unidade: unidade rec. menor contía.

Lugar de comparecencia: ps Josép Carner 33, planta baixa, Barcelona.