Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado O Facho, 2969.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que, por Resolución do 10 de abril de 2003, se lle outorgou a Mª Amable Martínez Estévez o permiso de investigación denominado O Facho número 2969, posteriormente transmitido por Resolución do 28 de maio de 2003 á sociedade Extracción Granefa, S.L.,

de catro cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Gondomar e Tui, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

Vértices LonxitudeLatitude

1 8º 41' 40''42º 05' 20''

2 8º 41' 20''42º 05' 20''

3 8º 41' 20''42º 04' 40''

4 8º 42' 20''42º 04' 40''

5 8º 42' 20''42º 05' 00''

6 8º 41' 40''42º 05' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 1 de setembro de 2003.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra