Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2003 Páx. 12.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/64-2, 6035 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Martiñán.

Situación: Vilalba.

Características técnicas: L.M.T. derivación a C.T. Martiñán con orixe en L.M.T. a C.T. de Martiñán e final en C.T. de Martiñán. C.T. de Martiñán tipo intemperie situado sobre apoio metálico con potencia de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. con orixe en C.T. Martiñán executada en R.Z.-50 tensado sobre apoios de formigón cunha lonxitude de 1.650 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 29 de agosto de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo