Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. a balneario de Guitiriz.
Situación: Guitiriz.
Características técnicas: L.M.T. a C.T. Grupo Escolar, executada con conductor LA-56 sobre torres metálicas tipo C, cunha lonxitude de 125 m. Orixe: P-1 de L.M.T. a C.T. Grupo Escolar e final en P-2 de L.M.T. a C.T. Grupo Escolar. L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.1 3 (1x150 mm) Al en canalización subterránea, baixo tubo de pé de diámetro 160 m cunha lonxitude de 500 m no apoio nº 1 da L.M.T. aérea realízase un paso aerosubterráneo para alimenta-lo balneario.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria
e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 29 de agosto de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo