Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 49/2003, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de agosto de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 49/2003 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Avelino y Otros, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Avelino y Otros, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 dias hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de setembro de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 49/2003.

Denunciado: Avelino y Otros, S.L.

DNI/NIF: B15403876.

Último enderezo coñecido: Faraday, 18. Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, Lei xeral de sanidade; art. 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.3 do R.D. 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; R.D. 1712/1991, sobre rexistro xeral sanitario de alimentos; art. 5 do R.D. 1334/1999 polo que se aproba a norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos productos alimenticios e o art. 2.2º do R.D. 44/1996 polo que se adoptan medidas para garanti-la seguridade xeral dos productos postos á disposición do consumidor.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 601,01 A (seiscentos un euros con un céntimo).