Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Visitación I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito:
Primeiro.-Mediante escrito de data 5-6-2003, Visitación Castiñeira Martínez solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Visitación I.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos:
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, y coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión
da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Jesús Castiñeira Martínez (35317850-Q), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Visitación I.
Situación:
Cuadrícula nº: 51.
Polígono: A.
Distrito: Portonovo (Pontevedra).
Especies autorizadas:
Mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 13-2-1963 (BOE/DOG nº 47).
Remate da vixencia: 23-2-2013.
Actual titular: Visitación Castiñeira Martínez (35300195-W).
Novo titular: Jesús Castiñeira Martínez (35317850-Q).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados
en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común y o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 9 de xuño de 2003.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Pontevedra