Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 19 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 77/2003, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 5 de agosto de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 77/2003 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Novas y Mar Especialidades, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Novas y Mar Especialidades, S.L. o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste, ó abeiro do disposto no numero 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 19 de setembro de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 77/2003.

Denunciado: Novas y Mar Especialidades, S.L.

DNI/NIF: B-15738867.

Último enderezo coñecido: Muíños de Naia. Os Campóns. Cambre.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.B.4 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; arts. 2.3º.4 do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 3.005,07 A (tres mil cinco euros con sete céntimos).