Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lles dá audiencia ós interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles e outórgaselles audiencia ós titulares dos establecementos que no anexo I se mencionan, no procedemento de baixa de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da inspección, o Servicio de Inspección de Turismo dependente desta delegación comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados no seu día.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta delegación provincial acordou, ó abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, inicia-lo expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo I.

O que se notifica ós titulares dos establecementos referidos no dito anexo I, para que no prazo de 15 días poidan efectua-las alegacións que coiden pertinentes, podendo examina-lo expediente e obter

copias dos documentos contidos nel, na Delegación Provincial de Turismo de Lugo.

Lugo, 6 de agosto de 2003.

P.D.

Paloma Vázquez Fernández

Xefa de servicio de turismo de Lugo

ANEXO I

Establecemento: Cafetería Crispi.

Signatura: C.LU-89.

Titular: Félix Bañarez Andres.

Enderezo: José Antonio, 12.

Concello: Lourenzá

Establecemento: Restaurante Pao.

Signatura: R.LU-849.

Titular: Olga Díaz Moure.

Enderezo: Campo da Feira Vella, 5.

Concello: Lourenzá.

Establecemento: Restaurante a Figueira.

Signatura: R.LU-209.

Titular: Carmen Cuba Cuba.

Enderezo: Leandro Cucurny, 23.

Concello: Burela.

Establecemento: Restaurante Avenida.

Signatura: R.LU-348.

Titular: Manuela Rodríguez Vázquez.

Enderezo: Diputación, s/n.

Concello: Portomarín.

Establecemento: Restaurante Casqueiro.

Signatura: R.LU-428.

Titular: Emilio Rego de la Fuente.

Enderezo: Baixa do Lor.

Concello: A Pobra de Brollón.

Establecemento: Restaurante O Labrego.

Signatura: R.LU-520.

Titular: Rosario Rueda Ordoñez.

Enderezo: Coruña, 57.

Concello: Monforte de Lemos.

Establecemento: Cafetería Pepe.

Signatura: C.LU-117.

Titular: Carmen García Rodríguez.

Enderezo: Huertas, 33.

Concello: Monforte de Lemos.

Establecemento: Cafetería D. Manuel.

Signatura: C.LU-145.

Titular: Mª Ermitas Piñeiro Gómez.

Enderezo: estrada xeral, s/n.

Concello: O Vicedo.

Establecemento: Restaurante Casa Abel.

Signatura: R.LU-276.

Titular: María del Carmen Abel Veiga.

Enderezo: estrada de Ombreiro, s/n.

Concello: Lugo.

Establecemento: Restaurante Casa Regina.

Signatura: R.LU-795.

Titular: Vicenta Sante Vilariño.

Enderezo: Campo da Feira, s/n.

Concello: Lourenzá.

Establecemento: Restaurante O Portugués.

Signatura: R.LU-1112.

Titular: Antonio Soares O Portugués, S.L.

Enderezo: avda. de Asturias, 16.

Concello: Ribadeo.