Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se recoñece a utilidade pública e se aproba o proxecto de execución de rede de subministración a Aluminios Cortizo, promovido pola empresa Gas Natural SDG, S.A que discorre polos municipios de Rois e Padrón (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Natural SDG, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en avda. América, 38, 28028 Madrid, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 1 de marzo de 1994, outorgóuselle a Enagás, S.A. concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural canalizado para usos industriais en distintos termos municipais

da provincia da Coruña, entre os que se atopan Rois e Padrón, concesión administrativa que deveu en autorización, conforme a disposición adicional sexta da Lei 34/1998, de 7 do outubro, do sector de hidrocarburos.

Con data do 21 de xuño de 1999, dispúxose o traspaso en bloque a favor de Gas natural SDG, S.A. dos activos e pasivos de distribución de gas de Enagás, S.A., incluíndo calquera actuación derivada do procedemento que se tramita.

Segundo.-Con data do 13 de maio de 2002, a referida empresa solicitou, ó amparo do establecido nos artigos 89.3º e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 83 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, o recoñecemento de utilidade pública e a aprobación do proxecto de execución do proxecto de instalacións de rede de de subministración a Aluminios Cortizo, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e do 9 do marzo de 1994.

O trazado afecta os termos municipais de Rois e Padrón.

Termo municipal de Padrón:

A conducción ten a súa orixe na válvula de liña de diámetro 6" do ramal a Aluminios Quintás e soterrada ó borde do camiño.

A conducción de diámetro 6" continúa cara ó sudoeste en paralelismo a 5 metros co gasoducto Vilalba-Tui, crúzase un camiño de servicio e continúase polo bordo, e en paralelismo cun camiño para cruzalo posteriormente.

A conducción continúa cara ó sur deixando o camiño e continuando en paralelismo co gasoducto para cruzar outro camiño e seguir en paralelismo cara ó sudoeste polo seu bordo.

Crúzase un camiño a Prada e continúase en paralelismo aproximado cunha pista, para cruzar pola pista de Monte Alto, aberta polo gasoducto Vilalba-Tui.

A conducción continúa en paralelismo ó gasoducto cara ó sudoeste por terreos de cultivos e praderías, para chegar ó río Sar, o que se cruza, con lastrado continuo de formigón, pasando a conducción ó termo municipal de Rois.

A lonxitude dos trazados que discorren polo termo municipal de Padrón é de 2.961 metros, cun diámetro de 6".

Termo municipal de Rois:

A conducción entra neste termo municipal, procedente de Padrón, cruzando o río Sar.

A conducción de diámetro 6" continúa cara ó sudoeste en paralelismo co gasoducto Vilalba-Tui; cruza un camiño e continúa por cultivos de millo

e similares, algúns viñedos e en paralelismo cun camiño.

A conducción cruza unha pista a Souto e continúa en paralelismo a 5 metros co gasoducto e un camiño cara ó sur por terreos de cultivo e praderías, cruzando o río Rois subálveo e con lastrado continuo de formigón.

A conducción continúa cara o sur por praderías, crúzase un camiño e predios de cultivo e a estrada de Extremundi de Abaixo a Souto.

A conducción de 6" continúa en paralelismo co gasoducto Vilalba-Tui e segue pola pista de Monte Baixo e Alto do gasoducto; crúzase unha liña de 66 KV, para cruzar un arroio e, ó chegar á estrada AC-301 de Padrón a Rois, xirar cara ó sueste e discorrer en paralelismo con ela e cruzala cara ó sur mediante perforación horizontal para deixar acometida de diámetro 4 pulgadas en arqueta para Aluminios Cortizo.

A lonxitude dos trazados que discorren no termo municipal de Rois é de 3.163 metros en 6" e 4 metros en 4".

A presión máxima de servicio do ramal será de 16 bar relativos.

A lonxitude total do ramal de subministración é de 6.128 m.

O orzamento ascende a setecentos corenta e cinco mil novecentos noventa e nove euros con cincuenta e oito céntimos (745.999,58 euros).

Terceiro.-Esta dirección xeral someteu a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, mediante Resolución do 18 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia do 25 de febreiro de 2003, no BOP da Coruña de 30 de xaneiro de 2003, no xornal La Voz de Galicia do 7 de xaneiro de 2003 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Rois e Padrón.

Cuarto.-Durante o período legalmente establecido recibíronse as seguintes alegacións ó proxecto:

1. Darío Castiñeiras Buela, afectado na C-RO-125, alega ser propietario do dito predio, que aparecera a nome de titular descoñecido na relación de bens e dereitos afectados, solicitando a corrección da titularidade.

2. Armando Cabo Agrasar, actuando no seu propio nome e en representación da súa irmá Oristila Cabo Agrasar, afectados no predio C-RO-33, alegan ser propietarios do dito predio, que aparecera a nome de Marcelina Otero Castaño na relación de bens e dereitos afectados, solicitando a corrección da titularidade.

3. Rodrigo Mato Sesto e Milagros González Castro, afectados no predio C-RO-92, alegan se-los actuais propietarios en réxime de gananciais do dito predio, que aparecera a nome de Eva Mª Rañón Sánchez e José Manuel Rañón Penedo, na relación de bens e dereitos afectados, solicitando a corrección da titularidade.

4. O grupo de veciños de Prada, Cruces, Padrón (Ramón Villaverde Pazos e 12 alegantes máis) solicitan que a conducción se axuste o máximo posible

ó foxo da estrada, ou que incluso discorra por este, co obxecto de afectar ó mínimo os predios da súa propiedade.

5. Manuela Cajaravilla Pose, afectada no predio C-PA-46, alega ser propietaria do dito predio, que aparecera a nome de Manuela Sánchez Lapido e fillos na relación de bens e dereitos afectados, solicitando a corrección da titularidade.

6. Mª del Carmen Pérez Morono e Javier Iglesias Pérez, propietarios dunha parcela non afectada polo proxecto de referencia, aínda que próxima á futura localización deste, solicitan que se respecte a distancia mínima de seguridade desde a conducción ata a vivenda existente no predio da súa propiedade.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Quinto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña.

Sétimo.-O 24 de xullo de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente formulou a declaración de efectos medioambientais do dito proxecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, e Decreto 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, e no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa Gas Natural SDG, S.A. e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións relativas a erros de titularidade, logo das comprobacións oportunas, a empresa procederá a enmendalos, aínda que ben os alegantes deberán achegar título orixinal suficiente que acredite a súa condición de propietarios dos predios no momento que sexan requiridos para iso.

2. Con respecto á alegación presentada polo grupo de veciños de Prada, Cruces, Padrón (Ramón Villaverde Pazos e 12 alegantes máis) na que solicitan que a conducción se axuste o máximo posible ó foxo da estrada, ou que incluso discorra por este, co

obxecto de afectar ó mínimo os predios da súa propiedade, Gas Natural SDG, S.A. quere facer consta-la viabilidade da variante solicitada, razón pola que procederá a modifica-lo trazado proxectado conforme se reflicte nos planos remitidos polos alegantes.

3. Con respecto á alegación presentada por Mª del Carmen Pérez Morono e Javier Iglesias Pérez, Gas Natural, SDG, S.A. sinala que a parcela propiedade dos alegantes en ningún momento resultará afectada polas obras de construcción do proxecto, sen prexuízo de que en todo momento se tomarán as medidas oportunas para garantir tanto a seguridade das instalacións coma da vivenda e cerramentos existentes naquela.

Cuarto.-Gas Natural SDG, S.A. procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e as afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Por todo o anterior, débese acceder ó solicitado pola empresa Gas Natural SDG, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia e recoñece-la utilidade pública.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral

RESOLVE:

- Aprobarlle a Gas Natural SDG, S.A. o proxecto de execución das instalacións que se prevé na rede de subministración a Aluminios Cortizo, nos termos municipais de Rois e Padrón.

-Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan, para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización administrativa outórgase conforme as condicións xerais previstas na Lei 34/1998, do 7 de outubro; o Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, e o Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e baixo as condicións especiais seguintes:

Primeira.-As instalacións deberanse realizar conforme as especificacións e os planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do proxecto será necesaria a autorización da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía de 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e do 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas de alta presión A e ITC-MIG 6.1. Acometidas de gas en alta presión, aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de

xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e as instalacións eléctricas deberán cumprir co disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: Clasificación de localizacións con riscos de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A localización de canalizacións deberase realizar segundo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo, así mesmo, establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde a data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, en caso necesario, logo da oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras, e unha vez terminadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada a Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización das probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos se os realizaron entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó finaliza-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lles son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, se é o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo de informe do técnico designado pola dita delegación expedirá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento a vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire esta autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo de tres (3) metros de largo, un e medio (1,5) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrado o encanamento e os cables de telecomunicación e telemando que se requiran para a conducción do gas, e que estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderase reducir sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renovar as instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou o funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e a instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largo, o correspondente ó da instalación máis un (1) metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a talar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbese a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos adecuados para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e a montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se atopan as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispoñer dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e a actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo, deberalles facilitar ós servicios de bombeiros, concello e organismos con competencias en materia de protección civil copia dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización polas causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 20 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas