Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga o permiso de investigación denominado Santa Marta 2952.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que, por Resolución do 6 de maio de 2003, se outorgou a Patricio Morais Cabaleiro o permiso de investigación denominado Santa Marta nº 2952, de sete cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal das Neves, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 22' 40''42º 09' 20''

28º 22' 00''42º 09' 20''

38º 22' 00''42º 08' 40''

48º 22' 20''42º 08' 40''

58º 22' 20''42º 08' 20''

68º 23' 00''42º 08' 20''

78º 23' 00''42º 09' 00''

88º 22' 40''42º 09' 00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 27 de agosto de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra