Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de clave AC/01/001.01.2 e outra máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: Plan Galicia: acondicionamento da estrada AC-404 (antiga C-545) Santa Comba-Baio, treito Zas-Baio.

Clave do expediente: AC/01/001.01.2.

Orzamento base de licitación: tres millóns seiscentos mil corenta e tres euros con sesenta e tres céntimos (3.600.043,63 euros)

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: actuacións en Santiago de Compostela, saída de Noia AC-543 (antiga C-543), convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, concello de Santiago de Compostela 25-3-2003.

Clave do expediente: AC/98/68G11.

Orzamento base de licitación: tres millóns catrocentos corenta e nove mil oitenta e cinco euros con setenta e catro céntimos (3.449.085,74 euros)

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría e.

Grupo C, subgrupo 6, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86, 981 95 72 55.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21. Teléfono 981 59 33 85.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás 12.00 horas do día 21 de outubro de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver punto 2.2º.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver alínea F, do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas, do día 31 de outubro de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda