Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de setembro de 2003, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00266-I-2003).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden

oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Instructor, Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente: DX-00266-I-2003.

Matrícula: obstrucción.

Denunciante: 3325183846L145100493.

Denunciado: Antonio Carballo Balboa.

Último enderezo coñecido: Salvador Moreno, 130, 361 (Pontevedra).

Feito denunciado: con data de rexistro de saída do 9-5-2003, foi requirido Antonio Carballo Balboa, para que no prazo de 10 días, contados desde a recepción do requirimento, remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama do vehículo matrícula 6784-BTD, do período comprendido entre o 9 de febreiro e o 30 de marzo de 2003, así como a relación de conductores que prestaron os seus servicios no vehículo durante o dito período e tempo. Segundo o correspondente xustificante de recepción, do requirimento tivo lugar o 15-5-2003. Transcorrida a recepción o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o cal constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle-lo exercicio das súas funcións.

A data, a hora, estrada pq.: 26-8-2003; 09:53:48.

Precepto infrinxido: artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE número 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE número 241, do 8 de outubro).

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.

Sanción proposta: 1.500,00 euros.