Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 03 de outubro de 2003 Páx. 12.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fai público o acordo de iniciación de expediente de suspensión do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Tui.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en data 9 de setembro de 2003, de conformidade co disposto polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia

ACORDOU:

Primeiro.-Inicia-lo expediente de suspensión do Plan xeral de ordenación urbana de Tui, para os efectos establecidos polo artigo 96 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Segundo.-De conformidade co establecido polo artigo 96.2º da Lei 9/2002, o presente acordo determina a suspensión automática do procedemento de outorgamento de licencias en todo o termo municipal de Tui.

A suspensión automática de licencias producirá efectos a partir da data desta resolución e ata a entrada en vigor da ordenación provisional que resulte aprobada polo Consello da Xunta de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda