A Orde do 27 de marzo de 2003, pola que se establecen as bases que rexen as axudas a concellos para a promoción da información xuvenil (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 3 de abril), establece no seu artigo 2 o importe da contía máxima destas por importe de novecentos mil euros (900.000 A) con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.460.0.
Existindo crédito suficiente e axeitado na devandita aplicación orzamentaria, e debido ás numerosas solicitudes recibidas por parte dos concellos, cómpre amplia-lo importe da referida contía máxima coa finalidade de estender ó maior número de beneficiarios posible as devanditas axudas.
Por todo o exposto e no uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 212/2003, do 3 de abril
DISPOÑO:
Artigo único.
Primeiro.-Amplia-lo importe da contía máxima da Orde do 27 de marzo de 2003, pola que se establecen
as bases que rexen as axudas a concellos para a promoción da información xuvenil na contía de trinta e cinco mil euros (35.000 A) con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.
Segundo.-A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2003.
Pilar Rojo Noguera
Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e
Voluntariado