Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do contrato que se relaciona.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, esta División de Recursos Económicos acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Expediente: S-228/2003.

Obxecto do contrato: subministración de licencias para unha arquitectura de computación SBC e servicio de soporte da mesma para o Sergas.

Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia de data 13 de xuño de 2003.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

Orzamento base de licitación: 93.194,00 euros.

Adxudicación:

Data: 30-7-2003.

Adxudicatario: Ozona Consulting, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: 93.063,00 euros.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos