Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 3 de agosto de 2003 polo que se lle comunica á empresa Vipacar Automóviles, S.L., o acordo de inicio de incumprimento do expediente I1/97.2080.0151.N.0540128013 relativo á axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1997.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Vipacar Automóviles, S.L., titular do expediente I1/97.2080.0151.N.0540128013 relativo á axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 28 de febreiro de 1997, DOG nº 58, do 25 de marzo de 1997) que, con data do 10 de marzo de 2003, o presidente do Igape acordou o inicio do expediente de incumprimento por non acredita-lo pagamento total das facturas alegadas, IVE incluído, e non constar acreditación da creación de emprego comprometido, polo que, de conformidade coa cláusula 13.2 do convenio de aplicación, se procede a iniciar procedemento de incumprimento das condicións de concesión da axuda outorgada co obxecto de determina-lo alcance desta, que poderá dar lugar ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas que serían de 4.555,06 euros e a modificación da

resolución de concesión, e suspendéndose o aboamento da subsidiación concedida ata a resolución do expediente de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de 15 días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo

sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica