Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

* Adquisición de equipamento de mobiliario de hospitalización con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia. (7 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-06/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de mobiliario de hospitalización.

c) Lote: 7 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 17, do 27 de xaneiro de 2003 e BOE nº 26, do 30 de xaneiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Orzamento: dous millóns setenta mil oitocentos dezaoito euros, IVE incluído (2.070.818,00 euros). desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2003: 300.697,00 A.

2004: 1.770.121,00 A.

LOTEDESCRICIÓNANUALIDADE

2003

ANUALIDADE

2004

1CAMAS HOSPITALIZACIÓN XERAL174.825,00 A1.050.615,00 A

2CAMAS UNIDADES ESPECIAIS10.800,00 A21.600,00 A

3MESAS DE NOITE E ATRIL32.550,00 A191.580,00 A

4CADEIRA DE BRAZOS DE DOENTE ERGONÓMICO51.615,00 A287.370,00 A

5BAÑERA PORTÁTIL0,00 A27.500,00 A

6EQUIPAMENTO ASEOS HOSPITALIZACIÓN21.947,00 A139.456,00 A

7CORTINA SEPARACIÓN DOENTES8.960,00 A52.000,00 A

Adxudicacións:

Lote 1: camas hospitalización xeral.

Lote 2: camas unidades especiais.

Lote 3: mesas de noite e atril.

a) Data: 14 de xullo de 2003.

b) Contratista: Gamelsa Medic, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes: 1, 2 e 3; por un importe de douscentos dezaoito mil cento sesenta e dous con noventa euros (218.162,90 A, IVE incluído) para o ano 2003 e mil douscentos sesenta e tres mil setecentos trinta e sete con doce euros (1.263.737,12 A) para o ano 2004.

Lote 4: cadeira de brazos de doente ergonómico.

a) Data: 14 de xullo de 2003.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lote : 4 (oferta variante); por un importe de corenta e dous mil seiscentos noventa e seis con quince euros (42.696,15 A, IVE incluído) para o ano 2003 e douscentos trinta e sete mil setecentos trece con setenta euros (237.713,70 A, IVE incluído) para o ano 2004.

Lote 5: bañeira portátil.

a) Data: 14 de xullo de 2003.

b) Contratista: S.C.P.H. ARJO SPAIN, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: lotes: 5 por un importe de vinteseis mil seiscentos setenta e cinco euros (26.675,00 A, IVE incluído) para o ano 2004.

Lote 6: equipamento aseos.

a) Data: 14 de xullo de 2003.

b) Contratista: Sutega Mobiliario, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote: 6; por un importe de dezasete mil catrocentos noventa e dous con corenta e nove euros (17.492,49 A, IVE incluído) para o ano 2003 e cento once mil trescentos trinta e seis con vintecatro euros (111.336,24 A IVE incluído) para o ano 2004.

Lote 7: cortina separación de doentes.

a) Data: 14 de xullo de 2003.

b) Contratista: Lógica Equipamientos, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote: 7; por un importe de oito mil cincocentos noventa con corenta euros (8.590,40 A, IVE incluído) para o ano 2003 e corenta e nove mil oitocentos cincuenta e cinco euros (49.855,00 A, IVE incluído) para o ano 2004.

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos