Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 18 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social (197/2003).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Pop Crack, S.L.

Domicilio/localidade: Praza Fernández del Riego, s/n. Vigo.

Número expediente: 197/2003, 375/2003(AI).

Data resolución delegación provincial: 16-7-2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 15 R.D. lexislativo 1/1995 do 24 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7.2º e 39 do R.D. lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 601,02 A.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselles que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboa-la multa imposta no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 18 de agosto de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra