Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2003 Páx. 12.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 14 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro das axudas á contratación indefinida reguladas na Orde do 13 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 60, do 27 de marzo).

Con data 30 de maio de 2003 a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Ourense, dictou o acordo polo que se inicia o procedemento declarativo da procedencia do reintegro da axuda concedida á empresa Galigest 2000, S.L. con número de expediente FM342B 2000/566-3.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notificaselle ó interesado o contido do acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

De conformidade co previsto no artigo 20.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que

se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, concédeselle ó interesado un prazo de 10 días hábiles, desde esta publicación, no Diario Oficial de Galicia, para que poida realiza-las alegacións e presenta-la documentación que estime pertinente entre a que debe constar unha relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito.

O reintegro voluntario polo interesado, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Así mesmo, lémbraselle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sitas na rúa Concello, 4 de Ourense, e obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de agosto de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: FM342B 2000/566-3.

Nome ou razón social: Galigest 2000, S.L.

DNI/NIF: B32260259.

Ultimo enderezo coñecido: Rúa Progreso, 155, 2ª planta, oficina 11, 32003 Ourense.

Feito imputado: non manter a contratación indefinida que foi obxecto de subvención.

Precepto infrinxido: base décima do anexo B da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo), pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Contido do acordo: inicio do procedemento declarativo da procedencia do reintegro da axuda.